Ciclón Pam: 82.000 nenos necesitan asistencia humanitaria
Un total de 82.000 nenos en Vanuatu e outras illas do Pacífico necesitan asistencia humanitaria despois de que o ciclón Pam arrasase as súas comunidades.
Dous terzos de todos os nenos de Vanuatu sofren as consecuencias da devastación. Dende UNICEF estámonos a centrar en asegurar que os nenos e as súas familias -así como as comunidades afectadas en Tuvalu, as Illas Salomón e Kiribati- teñan acceso a auga potable, saneamento e hixiene, e a servizos de saúde, incluíndo vacinas. Estamos a proporcionar tratamento para a diarrea, coidados aos recén nacidos e suplementos de nutrientes, mentres protexemos os nenos da violencia, a explotación e o abuso.

Ciclón en Vanuatu: "os nenos están en serio perigo"
"Os nenos, especialmente os que están en illas difíciles de alcanzar, están en serio perigo agora", explica Karen Allen, representante de UNICEF Pacífico. "O acceso a auga segura continúa sendo fundamental, con case todas as illas en Vanuatu sufrindo graves cortes de auga, mentres que hai un risco significativo de enfermidades debido ás inundacións, un saneamento pobre e unha atención médica limitada,".
"Afortunadamente a preparación ante emerxencias, incluíndo os sistemas de alarma e o uso de materiais lixeiros nas vivendas, evitou un número maior de vítimas", continúa Allen. "As subministracións de axuda están a empezar a chegar á xente, aínda que a loxística continúa sendo difícil e cara,".
As escolas reabriron oficialmente hoxe; non obstante, o 80% delas foron danadas, 34 utilizadas como centros de evacuación e os aloxamentos dos profesores tamén foron destruídos. Os equipos de UNICEF en terreo traballan para garantir que máis de 50.000 nenos afectados polo ciclón volvan a clase o antes posible.

Ciclón en Vanuatu: chamamento humanitario de 4,4 millóns de euros
En UNICEF só temos arredor do 15% dos fondos que se necesitan para levar aos nenos axuda vital. Por iso facemos un novo chamamento humanitario de 4,4 millóns de euros, como parte dunha petición maior por valor de 27,3 millóns de euros, lanzada hoxe por Nacións Unidas.
Ata o 23 de marzo, dende UNICEF recibimos uns 769.000 dólares para a resposta de emerxencia ante o ciclón Pam. "As subministracións vitais están a chegar, pero necesitamos urxentemente máis fondos para chegar a máis nenos que o necesitan desesperadamente, especialmente en illas remotas,".
A resposta de axuda tras o ciclón Pam implica grandes retos loxísticos. Kiribati, Illas Salomón, Tuvalu e Vanuatu están formados por numerosas illas (só Vanuatu ten 83), o cal implica altos custos na obtención e distribución de subministracións. Ti podes axudarnos a través do noso fondo de emerxencias.