Cidades Amigas da Infancia: a adolescencia como talento para o cambio

A palabra adolescente derívase do verbo latino adolescere: crecer e desenvolverse, aquel que está activo, que se desenvolve. Non obstante, na nosa actual sociedade dámoslle un significado pexorativo e ligamos esta fase de crecemento cara á vida adulta co conflito, a ruptura de lazos parenterais e a crise de identidade deles e elas.

Nada máis afastado da realidade: como afirma Jose Antonio Marina (
En defensa dos adolescentesEl Mundo, 21/10/2014) trátase dun Ferrari fantástico de manexar porque é moi potente pero que se non se aprende a conducir, pode estrelarse contra a parede.

 

 
Esta parede está construída polosadultos para non perder o vínculo de relación cara a eles e elas, baseado na protección, ocontrol e o obrigatorio apego. Os adolescentes queren deixar de ser suxeito de posesión para comezar a súa propia carreira, a súa viaxe, en definitiva, ser protagonista do seu cambio e lograr máisautonomía no desenvolvemento das súas capacidades e dar comezo á súa aventura como pilotos da súa vida.

Dende o programa  Cidades Amigas da Infancia  (CAI) de UNICEF Comité Español propoñémosvos aventurarnos no valente, por incerto, viaxe de construír o presente cos e as adolescentes, pois a súa enerxía pode e debe ser articulada nos cambios necesarios da nosa sociedade.

Poñemos como exemplo algunhas das propostas dos e as adolescentes do municipio de Alovera (Guadalajara)
para as eleccións locais e autonómicas de maio de 2015, que demandan "Colaborar todos máis para axudar á xente" ou "Mellor repartición dos benspara ter todos o mesmo".
 

CIdades amigas da infancia: DAR VISIBILIDADe AOS ADOLESCENTES

E é que dende o programa CAI entendemos que dar visibilidade aos adolescentes como colectivo en situación de especialvulnerabilidade, e como actoresdo seu propio cambio, é o gran reto do presente; o protagonismo da adolescencia enfocámolo dende a súa propiaparticipación en procesos decambio dende o seu emprendimento.

Por iso, falamos de "emprendizaxe" social, entendido este como a xeración de contextos e procesos de aprender emprendendo, competencia clave para a vida. Algo que ao longo de 2015 estamos a traballar con profesionais de institucións e organizacións comprometidas coa infancia e adolescencia para recuperar os elementos innovadores de prácticas históricas do ámbito socioeducativo e comunitario, combinándoos coas novas ferramentas de xestión que promovan e faciliten a implicación social de rapazas e rapaces con iniciativas, a súa participación protagónica.
Tal e como quedará patente no III Congreso de Cidades Amigas da Infancia que celebraremos enMadrid os días 10 e 11 de setembro de 2015.

Pero nesta formulación as propias familias somosimprescindibles: trátase de promover unhacultura emprendedora xogando un papel deacompañamento, recoñecéndoos, dándolles espazo e apoiándoos.
 
Os rapaces e rapazas deben contar coa posibilidade e oportunidade de coñecer outras realidades, comezar a influír no seu ámbito próximo, poñer en valor os seus talentos, organizarse con outros iguais,formarse unha visión global e xuízo autónomo, así como envorcar parte das súas enerxías en cambiar a súa propia realidade, o seupresente.

Como referentes adultos podemos ser axentes que orientan, achegan confianza e recoñecemento, quereforzan o papel activo que osrapaces/as han de asumir, facilitando ferramentas e promovendo a adquisición das diversas habilidades precisas dende a práctica.

Para iso resultará fundamental xerar oespazo-tempo que acompañe e "invite a facer", flexible, autónomo, non dirixido pero comprometido, cos seus avances, retrocesos e altibaixos, con prudencia pero sen medos.
 

cidades amigas da infancia: empoderamento e corresponsabilidade social

Esta tarefa educativa para o desenvolvemento autónomo dos/ás rapaces/ás, do seu empoderamento e corresponsabilización social, desenvólvese dende a cotianidade e de forma transversal ao longo do proceso de aprender emprendendo as súas propias iniciativas.

E é que a acción de emprender comporta aprender e aprehender valores, actitudes, habilidades e ferramentas relacionadas cos ámbitos do desenvolvemento de talentos,traballo en equipo, planificación,creatividade, xestión ecomunicación; de tal maneira que os rapaces e rapazas:
  • Toman conciencia de si mesmos, do outro e da súa realidade (concientizarse en palabras de Paulo Freire);
  • Constrúen o nos-outros, poñendo en práctica e en común os seus intereses e capacidades, de forma asertiva e colaboradora, chegando a acordos, facendo equipo;
  • Toman iniciativas -dende a paixón por resolver os retos que se lles presentan- que achegan valor (porque o social é substantivo) baixo criterios de sostibilidade(tamén a económica do propio proxecto).
Unha experiencia onde o importante é o proceso e o seu impacto responsable. Á fin e ao cabo trátase de estimular ainiciativa adolescente conectando, colaborando, compartindo, convivindo e comprometéndose cara a unha cidadanía activa, xerando maiores posibilidades de xestión autónoma dos seus propios itinerarios de vida.

O programa Cidades Amigas da Infancia (CAI)está levando a cabo varios espazos innovadores de encontro, intercambio e reflexión onde a "Intelixencia e a Creatividade Colectiva Compartida" reverte nunha misión: o cambio de conciencia e paradigma na representación social da infancia e a adolescencia no contexto socioeconómico actual. O último tivo lugar na cidade de Alcobendas (Madrid) onde participou a Universidade de Pais.

Apúntaste ao cambio?

Post escrito por Gregorio Aranda, coordinador do programa Cidades Amigas da Infancia de UNICEF Comité Español, e Eduardo Elosegui, educador social e socio-fundador de ALWA Emprendizaxe Social.