Combatendo a desnutrición en Chad
Estímase que en Chad 127.000 nenos están en risco de morte por desnutrición aguda grave. Ante esta situación, UNICEF está a intensificar o seu apoio aos hospitais e centros de saúde, proporcionándolles subministracións para o tratamento da desnutrición.
Ereta ten 8 meses e hai dúas semanas tan só pensaba 2,6 quilos. Agora encóntrase no hospital deNokou, na rexión deKanem, unha das máis afectadas pola crise alimentaria que está a sufrir o Sahel.A súa nai, Zaïnabou Mamataya, cóntanos que leva dúas semanas no hospital e nese tempo gañou 500 gramos. "Agora, cando lle dou leite, bébea normalmente. Está a gañar peso e podo ver os cambios. Xa non está como antes", explica Mamataya.
Previr a desnutrición a través da lactación materna
UNICEF está a traballar tamén na prevención contra as causas subxacentes da desnutrición. "En Chad, a poboación ten unha dieta desequilibrada baseada fundamentalmente nos cereais.As nais non practican a lactación materna exclusiva", afirma Roger Sodjinou, Oficial de Nutrición de UNICEF en Chad. En Chad só 3 de cada 100 mulleres practican a lactación materna exclusiva, unha das taxas de lactación materna máis baixas do mundo. Estímase que o 13% de todas as mortes de nenos menores de 5 anos se poderían evitar con esta práctica. "Despois de dar a luz, empecei a dar auga ao meu fillo ou auga fervida con millo e un pouco de aceite", explica Mamataya. Fíxeno porque é unha vella tradición das nosas avoas. Realmente non sei por que".
a loita por un futuro máis saudable
UNICEF traballa estreitamente con Médicos do Mundo para organizar sesións de discusión cos grupos comunitarios nas aldeas. Estas sesións están dirixidas por instrutores da comunidade co obxectivo de sensibilizar sobre a importancia da lactación materna exclusiva. As nais que practican a lactación materna exclusiva contan a outras mulleres as súas experiencias persoais. "Cando temos teorías, témolas que poñer en práctica", afirmaAchta Mahamt Saleh, un traballador da saúde da comunidade. "Cambiar crenzas e prácticas tradicionais toman o seu tempo, e para iso é necesario un plan de desenvolvemento", engade Sodjinou. Hai moitas causas subxacentes da desnutrición, pero tamén hai moitas maneiras de reducir a súa incidencia. Agora mesmo, a prioridade inmediata é salvar as vidas, pero as estratexias a longo prazo tamén son cruciais e servirán para salvar as vidas nun futuro, sinala Sodjinou.