A Compañía de Radio/Televisión de Galicia (CRTVG) súmase á loita contra a desnutrición infantil

A Compañía de Radio/Televisión de Galicia (CRTVG)  pon en marcha a V Semana coa Infancia do 16 ao 22 de novembro, no marco da campaña de UNICEF España contra a desnutrición infantil Agora non podemos parar.

 

Durante toda a semana, tanto aTelevisión de Galicia como a Radio Galega ofrecerán unha programación específica para sensibilizar á audiencia sobre a importancia da solidariedade na loita contra adesnutrición infantil, causa de que uns8.000 nenos menores de cinco anos morran cada día no mundo.
 
A desnutrición infantil, entendida como unha combinación de falta de alimentos e enfermidades infecciosas, é unha das principais ameazas para a supervivencia, a saúde e o crecemento de millóns de nenos e nenas no mundo. 
 
Tamén se incluirán contidos relacionados coa viaxe a Bolivia que fixo en setembro un equipo da TVG, encabezado polo xefe de Informativos Xosé M. Maseda e a actriz e presentadora Lucía Regueiro, para coñecer o traballo realizado ensaúde materna e neonatal neste país coapoio de UNICEF.
 
A través de Varias entrevistas e reportaxes permitirán coñecer máis a fondo o proxecto "Mellora do acceso aos servizos de saúde de mulleres embarazadas e recentemente nados", apoiado pola Cooperación Galega, no que a través da implementación dun sistema de Telesalud  baseado na utilización das novas tecnoloxías, realízase un seguimento ás mulleres embarazadas e recentemente nados, garantindo o seu correcto acceso ás redes de saúde.
 
 

20 DE NOVEMBRo: LUAR CO DÍA UNIVERSAL Do NenO

Un ano máis, o programaLuar reforzou o seu compromiso con UNICEF ofrecendo o venres 20 unha edición especial, que coincide, nesta ocasión, coa celebración doDía Universal do Neno. Tamén colaborarán outros programas da cadea pública como  Boas Tardes, O que pasa aquí, Aquí Galicia e Land Rober, así como os diferentes espazos dos Servizos Informativos: Contraportada, Bos Días, A Revista, Telexornal Mediodía e Telexornal Serán.
 
Ademais, presentadores como Terio Carreira e Ana Celia Vázquez e os protagonistas de series de éxito da TVG como Serramoura, Pazo de Familia e Hospital Real, actuarán como mensaxeiros da campaña, con chamamentos especiais para que a poboación galega únase á Semana coa Infancia enviando SMS coa palabraAXUDA ao 38028.
 
Pola súa banda, a Radio Galega e os seus profesionais dedicarán  boa parte dos seus contidos á Semana coa Infancia, a través de programas como Somos Quen, Galicia en Goles, Galicia por diante, A Tarde e Convivir en Igualdade. Os presentadores Xusto L. Carril, Xoán Galán e Kiko Novoa, entre outros, actuarán como mensaxeiros.