Comunicado de UNICEF España con motivo da desaparición de Emilio Aragón, Miliki
UNICEF España quere manifestar o seu apoio á familia de Emilio Aragón, Miliki, e únese ás mostras de recoñecemento cara á súa figura profesional e humana. Miliki foi Embaixador de UNICEF España dende o ano 2000, participando en actividades da organización mentres a súa saúde llo permitiu. A Presidenta de UNICEF España, Consuelo Crespo, recordou a Miliki destacando que tivemos a honra de traballar con el. Durante anos puxo as súas cancións e o seu cariño ao servizo da infancia máis vulnerable, nunca deixamos de ter presentes o seu afecto e o seu compromiso cos nenos, dentro e fóra das pantallas. Nunca o esqueceremos"
Emilio Aragón, Miliki, implicouse en numerosas iniciativas deUNICEF, incluíndo programas especiais en televisión, para conseguir multiplicar os apoios ao traballo de UNICEF no mundo. O ano pasado UNICEF España rendeu homenaxe a Miliki na celebración do 50 aniversario da organización no noso país. Aínda que el non puido asistir ao acto, estivo representado pola súa muller Rita Álvarez e varios membros da familia Aragón.