Conclusións Encontro Consellos de Infancia

Os nenos e adolescentes do II Encontro de Consellos de Participación Infantil e Adolescente elaboraron un  Manifesto   de conclusións tras as reunións que tiveron lugar o pasado fin de semana en Málaga.

O Encontro conseguiu reunir un centenar de nenos ente os 8 e os 17 anos de 41 municipios que durante tres días debateron os temas que máis lles afectan.  

Manifesto de Málaga

Entre as conclusións os nenos comprométense "a traballar en e para as nosas comunidades, municipios, pobos e cidades en beneficio de todas as persoas que viven nelas sen ningún tipo de discriminación por diferenzas físicas, relixión e raza".

Os nenospiden aos políticos que escoiten as súas opinións e que teñan en conta as súas ideas: " que non só sexamos unha imaxe, senón unha realidade".

Ademais, piden que se lles escoite nun tema moi importante para eles: oacoso e afirman que lles gustaría colaborar no deseño e as actividades de ocio que se lles oferta.  

as TIC tamén son protagonistas

As tecnoloxías da información e comunicación (TIC) e as redes sociais tamén ocuparon un lugar no Manifesto. Os nenos propoñen que tanto eles coma os maiores teñan máis información e formación sobre as TICS para facer un uso axeitado, á vez que mostran o seu interese nunhas redes seguras e fiables.

Antecedentes

O primeiro encontro de órganos de participación infantil e adolescente de España realizouse en 2010 e os participantes recolleron as súas conclusións nun Manifesto. O segundo encontro desexa que as devanditas conclusións non queden no esquecemento e que se afonde, aínda máis, no concepto de cidadanía activa.

Máis información aquí