Concurso de debuxo 'Peluches para a Educación'
Neste Nadal, IKEA quere dar aos máis pequenos a oportunidade de colaborar para que millóns de nenos e nenas no mundo accedan a unha educación de calidade. Deste xeito, no contexto da campaña solidaria Peluches para a Educación, puxo en marcha en todas as tendas de España, do 3 de decembro de 2012 ao 5 de xaneiro de 2013, un concurso de debuxo para que os nenos imaxinen e deseñen o seu peluche ideal. O gañador deste concurso infantil recibirá o seu peluche feito realidade grazas ao equipo de Deseño e Desenvolvemento de Produto de IKEA Suecia.
Este certame ten o
obxectivo de promover a creatividade dos máis pequenos cun
fin solidario: por cada debuxo recibido IKEA doará 1 € a UNICEF e Savethe Children.
Os nenos poden presentar os seus deseños na súa tenda máis próxima
e en www.IKEA.es/family, onde tamén
poden consultarse as bases e máis información sobre o certame.
A partir de todos os debuxos recibidos, seleccionaranse uns75 como pre-finalistas de entre todas as tendas do
noso país, atendendo a criterios de creatividade e orixinalidade.
estes publicaranse na plataforma do concurso, visible enwww.IKEA.es/family onde osclientes de IKEA poderán votar
polo seu favorito.
Os 30 deseños máis votados serán avaliados polo equipo de deseño e
desenvolvemento de produtos de IKEASuecia para a elección do gañador.
Campaña solidaria de IKEA: 'Peluches para a educación'
Por oitavo ano consecutivo, UNICEF, Save The Children e a Fundación IKEA uníronse na campañaPeluches para a Educación. Por cada peluche ou libro adquirido ata o próximo 5 de xaneiro nas tendas IKEA, a empresa sueca doa 1 euro para proxectos de educación infantil de UNICEF e Savethe Children. As tendas IKEA ofrecen unha gama de máis de 70 peluches para todas as idades, con prezos que oscilan entre os 0,60 euros e os 18,99 euros. Enmarcado nesta campaña e tamén ata o 5 de xaneiro, en todas as tendas IKEA en España se celebrarán actividades dirixidas aos nenos para que aprendan xogando a ser solidarias e axudar aos que máis o necesitan. A educación contribúe a mellorar as condicións de vida e erradicar o círculo de pobreza que sofre a infancia no mundo en desenvolvemento. Hai 61 millóns de nenos e nenas en idade de asistir á escola primaria que estándesescolarizados.