Conferencia sobre Redución de Risco de Desastres: 1.800 millóns de persoas afectadas

Creg ten só un ano de vida e xa foi testemuña dun desastre natural que arrasou todo o que coñecía. A noite do venres 13 de marzo, o ciclón Pam chegou a Vanuatu, o pequeno país onde vive Creg, levándose casas, escolas e hospitais ao seu paso.

Paradoxalmente, á mañá seguinte comezaba en Sendai a Conferencia Mundial sobre Redución de Risco de Desastres na que se ía abordar como previr e mitigar este tipo de catástrofes naturais.

A tormenta de categoría 5 de Vanuatu xa
non se pode evitar, non obstante, é posible e necesario mitigar os efectos que o paso do ciclón tivo na vida dos máis de 60.000 nenos afectados e as súas familias.

Colabora co noso Fondo de emerxencias.
 

os nenos, os máis afectados

Os desastres non deixan de aumentar en número, frecuencia e impacto. Durante os últimos 10 anos producíronse algúns dos maiores desastres da historia, que afectaron a vida de máis de 1.800 millóns de persoas en todo o mundo. Delas, os nenos son os máis vulnerables e os que máis sofren as súas consecuencias.

A finais dos 90, os desastres relacionados co cambio climático afectaban a 66 millóns de nenos ao ano. Nas próximas décadas, espérase que esta cifra alcance os 200 millóns. Tres veces máis! Isto significa que haberá máis nenos que morrerán, máis nenos que quedarán sen colexio, máis nenos en perigo de ser vítimas de trata, abuso ou explotación.

En UNICEF traballamos para inverter esta tendencia. Sabemos que medidas de redución de riscos funcionaron, pero queremos levalas a grande escala. Romper o bucle de crise que afecta a moitos nenos e familias require investir en medidas simples pero efectivas para reducir o impacto dos desastres e fortalecer a resiliencia das sociedades que os sofren.

Na conferencia, que finalizou hoxe, deuse a palabra aos nenos porque eles teñen moito que dicir en algo que incidirá claramente no seu futuro. "Podemos ter un papel, teremos un papel e se vós os adultos non tomades decisións en redución de risco de desastres, nós farémolo", proclamou un mozo voceiro no encontro.
 

Emerxencias: millóns de nenos en risco

Ademais de Vanuatu, no mundo hai emerxencias que están a poñer millóns de nenos en perigo. Como se puido ver en Sendai, é posible mitigar os riscos aos que se enfrontan:
  • Sirya. 14 millóns de nenos da rexión sofren os efectos do cada vez máis intenso conflito que acaba de entrar no seu 5º ano.
  • Ébola. A epidemia cobrouse xa 10.144 vítimas mortais e hai 24.597 casos de contaxio, dos que máis de 5.000 son nenos.
  • República Centroafricana. Uns 2,4 millóns de nenos sofren as consecuencias do conflito. Xa hai máis de 10.000 recrutados por grupos armados.
  • Sudán do Sur. Existe unha ameaza real de fame para uns 235.000 nenos menores cinco anos con desnutrición aguda grave.
As primeiras horas despois dunha emerxencia son fundamentais para salvar vidas e garantir a protección dos nenos.

Colabora co noso Fondo de emerxencias.