Consegue unha consola PlayStation®4 Edición 20 Aniversario a favor de UNICEF

Se non puideches conseguir unha PlayStation®4 Edición 20 Aniversario, aínda tes outra oportunidade. Ata o 31 de decembro, ás 12:00 horas, podes puxar en Ebay por unha das cinco últimas unidades desta exclusiva consola que quedan en España.

 

 
Todos os fondos que se obteñan coa súa venda se destinarán ao traballo de UNICEF polainfancia máis vulnerable en máis de 150 países.

O xogador de baloncesto e Embaixador de UNICEF Comité Español, 
Pau Gasol; o tenista Rafa Nadal; o futbolista e Amigo de UNICEF Comité Comunidade Valenciana, Juan Mata, os irmáns Márquez (os pilotos Marc e Alex), e o futbolista Andrés Iniesta, apadriñaron estas 5 consolas, que inclúen tamén unha serie de obxectos de cada un dos deportistas.

Trátase do último lote de unidades dispoñibles para España. Este mes de decembro subhastáronse 375 consolas e
Playstation® xa doou todos os beneficios a UNICEF e Juegaterapia.