Convención sobre os Dereitos do Neno: Somalia ratifícaa
Coincidindo coa entrada no vixésimo sexto ano da Convención sobre os Dereitos do Neno, Somalia converteuse no Estado Parte número 195 en ratificar a Convención, marcando o camiño para a mellora das vidas dos seus novos cidadáns.
"Ao ratificar a Convención sobre os Dereitos do Neno, o Goberno de Somalia está a facer un investimento no benestar dos seus nenos e, polo tanto, no futuro da súa sociedade", explica o director executivo de UNICEF, Anthony Lake.
Dende UNICEF, celebramos este paso importante para Somalia e apoiamos o esforzo nacional para trasladar os dereitos da Convención en accións prácticas para cada neno.

Convención sobre os Dereitos do Neno: "Todos os nenos merecen un comezo xusto na vida”
"A mensaxe central da Convención é que todos os nenos merecen un comezo xusto na vida", sinala Lake. " Que pode ser máis importante que iso? ".
O proceso de ratificación concluirá unha vez o Goberno de Somalia deposite os instrumentos de ratificación ante Nacións Unidas, en Nova York.

QUe é A CONVENCIÓN SOBRE OS DEREitOS Do NenO?
A Convención sobre os Dereitos do Neno é un tratado internacional que recolle os dereitos da infancia e é o primeiro instrumento xuridicamente vinculante que recoñece aos nenos e nenas como axentes sociais e como titulares activos dos seus propios dereitos.
Componse de 54 artigos que recollen os dereitos económicos, sociais, culturais, civís e políticos de todos os nenos. A súa aplicación é obriga dos gobernos, pero tamén define as obrigas e responsabilidades de pais, profesores, profesionais da saúde, investigadores e dos propios nenos e nenas.
A Asemblea Xeral de Nacións Unidas aprobou o texto o 20 de novembro de 1989 e entrou en vigor o 2 de setembro de 1990. Xa foi aceptada por todos os países do mundo agás dous: Sudán do Sur e Estados Unidos.