A cooperación española impulsou grandes logros

O Fondo para o logro dos ODM (Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio), financiado integramente por España, presentou os seus resultados o mércores en Nova York, no marco da Asemblea Xeral das Nacións Unidas.

Os datos, e especialmente a súa magnitude, ilustran a importancia da que foi, segundo palabras do propio Ban-Ki Moon, unha das maiores actuacións de cooperación internacional realizadas nunca por un só país. Os logros máis destacables son:
 

  • 1.670.000 nenos e800.000 nais melloraron a súa nutrición.
  • Máis de 540.000 persoas teñenacceso a auga potable.
  • Máis de 630.000 nenas e mullereslograron acceso a servizos de protección e prevención da violencia.


España achegou 900 millóns de dólares dende a creación deste fondo de cooperación internacional en 2007, contribuíndo así a combater a pobreza extrema e a desigualdade en 50 países, onde chegou a máis de 9 millóns de persoas a través dos seus 130 programas. O traballo, en colaboración con 27 axencias de Nacións Unidas, incluíndoUNICEF, levouse a cabo mediante apoio a Gobernos, autoridades locais e organizacións cidadás. O Fondo traballou tamén en ámbitos como a formación de mozos para o emprego ou a promoción de cambios lexislativos orientados a mellorar a situación laboral de persoas emigrantes e novas.

Agora non podemos parar

Non obstante, a continuidade de logros como estes está actualmente en risco debido á drástica redución de fondos destinados polos países doadores á loita contra a pobreza. En España, por exemplo, a Axuda Oficial ao Desenvolvemento sufriu un recorte de máis dun 65% nos dous últimos anos. Por iso, dendeUNICEF pedimos aos cidadáns que se unan á nosa campaña Agora non podemos parar e apoien, a través da súa firma, a que o noso país siga contribuíndo a estes logros. Podes facelo no formulario que acompaña a esta noticia.