Cooperantes dixitais que nos namoran: Alberto López Palacios
Alberto López Palacios é fotógrafo e hai unhas semanas converteuse nuns dos nosos cooperantes dixitais máis activos. A través da súa iniciativa, #WeClickTheFuture, este artista vendeu as fotos da súa galería de Instagram por 1 euro. Todo o que recadou doouno integramente a UNICEF.
O seu reto é unhahomenaxe á fotografía como práctica para conxelar
recordos. Tamén serve para confirmar que calquera motivo é
bo para facer deste planeta un lugar mellor para os nenos
de hoxe e de sempre.
"A miña intención émostrar á sociedade que todos podemos e debemos
ser partícipes dun cambio positivo fronte asituacións de inxustiza, sen concesións e sen
necesidade de grandes infraestruturas", cóntanos desde San
Sebastián, o seu lugar de residencia.
COOPERANTE DIxITAL e FOTÓGRAFO TODOTERREO
Alberto elixiu esta profesión por
"memoria e por amor", as únicas cousas que poden "transcender
calquera dimensión espazo temporal". Desde entón
cubriu conflitos bélicos, fames negras ou desastres
naturais en países como Sudán, Níxer, Haití ou
Sirya.
Coñecer a realidade da
infancia nos lugares máis inhóspitos do planeta foi un dos
motivos principais que impulsaron a este fotógrafo a elixir o noso
traballo como destino dos fondos. "Extirpar a
posibilidade de soñar aos máis pequenos é sen ningún xénero de
dúbida o noso maior fracaso como sociedade",
cóntanos.
Alberto está convencido dopoder que ten a fotografía para cambiar o mundo.
"Creo que a arte radica en facer perceptible para o resto dos
mortais aquilo que no seu estado natural non o é. E é a percepción
desa realidade a que pode estimular a un suxeito a querer
cambiar a súa contorna", di Alberto, que considera que o
seu labor é "dar a coñecer o descoñecido e o
ignorado".
Ti TAMÉN PUEDES SER COOPERANTE DIxITAL
Calquera escusa serve para converterse en cooperante dixital de UNICEF. Alberto utilizou a súa profesión e a súa paixón, a fotografía, para mobilizar ás máis de 500 persoasque compraron unha foto da súa galería de Instagram (@albertolopezphoto).Ti tamén podesser cooperante
dixital e loitar contra a desnutrición
infantil. Porque, como di este fotógrafo: "somos a
primeira xeración que pode erradicar a fame" e#ahoraNOpodemosparar de salvar vidas.