Cooperantes dixitais que nos namoran: Cinto Ajram
Cinto Ajram é un apaixonado dos retos, especialmente se son deportivos. Até fai seis anos, nunca practicara deporte. O seu irmán animoulle e lanzouse a participar en carreiras de todo tipo. Barcelona foi o seu primeira maratón e desde entón non parou.
- É moi duro correr unha maratón?
Para min é moi duro psicoloxicamente, porque eu estou afeito correr pola montaña, onde o terreo é moi variado: sobes, baixas, vas por un bosque, por unha pista aberta... En cambio oasfalto obrígache a ir a un mesmo ritmo, o terreo é sempre o mesmo, non podes parar xa que, se o fas, é difícil volver empezar porque a cabeza fréache moito.
- Dices que che gusta promover o deporte ao teu ao redor… tes éxito?
Moitísimo. Cando explico a miña historia, saben que calquera pode facelo. É difícil porme a escusa de "non poderei" porque eu era a persoa menos deportista do mundo. Ao final todo o mundo pódeo conseguir, é só ter ganas. Teño amigos que antes non facían deporte e agora acompáñanme a moitas carreiras.
- Por que decidiste por en marcha este reto?
Púxeno en marcha por dous motivos. En primeiro lugar, porque creo moito nestas campañas de microdonaciones. A miúdo á xente cústalle doar diñeiro por propia vontade, pero se hai alguén que che convida a facelo sempre é máis fácil. E, en segundo lugar, porque o que está a pasar en Sirya é un desastre. Eu teño familia alí e encontro que é unha das poucas maneiras que temos de axudar ás persoas que o están pasando mal. Decidinme por UNICEF porque é unha das grandes organizacións e sei, polo que me di a miña familia, que alí só están a chegar as grandes. Pódense facer moitas cousas desde aquí.
- Que é máis duro: correr unha maratón o convencer aos teus amigos para que doen?
Creo que é máis duro correr un maratón [ri] porque non se convence ao que non ten unha sensibilidade para doar. Non fago un esforzo extraordinario de tentar convencer á xente. Máis que tentar convencer, o que fago étransmitir o meu reto e convidalos, se eles queren, a que doen. Pero tampouco creo que haxa que forzar ou apertar para que doen porque, se non sae deles, non o farán e o único que gañarei é crearlles unha sensación de desgusto. Hai xente que dá e xente que non, todo é respectable.
- O reto va moi ben, como o consegues?