Corno de África: máis de 2 millóns de nenos en risco
UNICEF estima que máis de dous millóns de nenos sofren desnutrición e necesitan con urxencia accións vitais para sobrevivir á seca que afecta aos países do Corno de África. Medio millón deses nenos enfróntanse de xeito inminente a condicións de risco para as súas vidas, con consecuencias de longa duración para o seu desenvolvemento físico e mental.
Esta crise é a peor dos últimos 50 anos. Os países máis afectados son Kenya, Somalia, Etiopía e Djibouti. Os niveis globais de desnutrición aguda no norte de Kenya están agora por enriba do25 por cento con índices que alcanzan case o40 por cento no distrito de Turkana.UNICEF estima que un total de10 millóns de persoas xa necesitan asistencia humanitaria.
Alto prezo dos alimentos e a seca
O alto prezo dos alimentos e a seca prolongadaestán a empeorar unha situación xa nefasta que afecta a miles de persoas necesitadas de alimentos e auga .[]
Miles de familias están a cruzar a fronteira dende Somalia, xa que se están a abrir centros de alimentación de emerxencia por parte de UNICEF e outras axencias humanitarias en países veciños. O número de refuxiados está a crecer, con ao redor de10.000 persoas que chegan cada semana aDadaab, na fronteira entreSomalia e Kenya.
A ameaza de enfermidades que pende sobre nenos pequenos que xa están debilitados é especialmente preocupante, polo que UNICEF está a poñer en marcha de xeito urxente campañas de inmunización infantil. UNICEF, organismos gobernamentais, ONG e outras axencias de Nacións Unidas traballarán nas áreas vitais de auga, alimentos e saneamento nos próximos días para previr unha emerxencia masiva. Non obstante, a falta de fondos, e a prohibición do acceso nalgunhas zonas, ameazan con interromper os servizos esenciais. UNICEF solicitou 31.9 millóns de dólares para os próximos 3 meses co fin de prover apoio que salve as vidas dos millóns de nenos e mulleres afectados.