Corno de África, un ano despois
Hoxe cúmprese un ano dende que Nacións Unidas declarase o estado de fame en dúas rexións do sur de Somalia, momento no que a crise humanitaria no Corno de África chegaba ao seu punto máis álxido. O extraordinario apoio internacional de miles de persoas e entidades, unido ás chuvias favorables, axudou a salvar unha infinidade de vidas e a reverter a fame.
Non obstante, a crise está lonxe de rematar. Oito millóns de persoas en Somalia, Etiopía e Kenya aínda dependen da asistencia. Os nenos vense ameazados pola pobreza, inseguridade, desnutrición e enfermidades.
Logros conseguidos
Co apoio xeneroso dos doadores, os cales achegaron máis de 396 millóns de dólares en 2011, UNICEF puido ampliar o seu traballo de emerxencia e desenvolvemento nas zonas afectadas pola seca en Somalia, Kenya, Etiopía e Djibouti, onde máis de 13 millóns de persoas necesitaban asistencia humanitaria en 2011. Entre xullo e decembro de 2011, distribuíronse unhas 63.000 toneladas métricas de subministracións humanitarias -a metade deles eran alimentos terapéuticos e suplementos alimentarios. Ata a data, case un millón de nenos recibiron tratamento contra a desnutrición na rexión.
Ademais, tamén se conseguiu:
· Vacinar 8.670.000 nenos contra o sarampelo.
· Inmunizar 189.100 nenos contra a polio.
· Proporcionar auga potable a 5,5 millóns de persoas.
· Rehabilitar e reinserir 950 nenos somalísvinculados a grupos armados.
Unha emerxencia da infancia
"Se ben o noso traballo para salvar vidas, dos nenos e as súas familias, e as subministracións enviadas chegaron a millóns de persoas, aínda hai moitos aos que non se puido chegar e seguen sendo "extremadamente vulnerables", dixo o Director Rexional de UNICEF para África Oriental e Austral,Elhadj As Sy."Esta é e segue sendo unha emerxencia de nenos. Debemos seguir proporcionando axuda de emerxenciaonde sexa necesaria, pero tamén debemos colaborar máis estreitamente coas comunidades para fortalecer as súas capacidades fronte a futuras crises", engade.
Somalia, o país máis afectado
Cun terzo da poboación (2,5 millóns de persoas) aínda en necesidade de asistencia de emerxencia, Somalia segue sendo o país máis afectado. Nalgunhas rexións do sur, un de cada cinco nenos sofre desnutrición aguda e ve ameazada a súa vida. En Kenya, 2,2 millóns de persoas necesitan asistencia humanitaria, e 3,2 millóns de persoas en Etiopía. A desnutrición continúa sendo un problema grave. Na actualidade preto de 900.000 nenos sofren de desnutrición nos tres países.A crise obrigou miles de persoas a abandonar os seus fogares. Na actualidade hai máis de 626.000 refuxiados somalís en Kenya e Etiopía. En Somalia, máis dun millón de persoas son desprazados internos, case o 60% deles nenos. Os conflitos, a inestabilidade, a falta de chuvias e o acceso restrinxido para as axencias humanitarias constitúen unha grave ameaza para os nenos e as súas familias. Xa hai indicios de que a situación podería empeorar no sur de Somalia, onde a desnutrición aguda entre os nenos menores de cinco anos nalgúns lugares é case o dobre do albor de emerxencia.
Previr crises futuras
A asistencia de emerxencia a curto prazo, aínda que é crucial para atender as necesidades de saúde, nutrición, auga e saneamento, non pode previr crises futuras .[]
UNICEF vén intensificando nos últimos anos as súas intervencións a longo prazo, a través da resposta das propias comunidades e das estratexias para afrontar as crises, para aumentar a capacidade de recuperación e atender as necesidades dos máis vulnerables.
"Os mecanismos de control tradicionais están a ser levados ata o límite para moitas comunidades", dixo Elhadj As Sy."O ciclo da crise debe romper a través de novos medios de apoio ás comunidades para que poidan resistir e recuperarse mellor dun desastre"."Temos que preservar os beneficios que conseguimoscon moitas dificultades, e investir nos nenos de hoxe para evitar que se repitan crises similares no futuro". Para continuar co traballo de axuda humanitaria, así comoinvestir na capacidade de recuperación en Somalia, Kenya e Etiopía, UNICEF necesita para 2012 un total de 273 millóns de dólares. A 12 de xullo, só se recibiu o 33% destes fondos.