COVID-19: subministracións para as familias e os sanitarios de Senegal co apoio da Deputación de Pontevedra
A colaboración, enmarcada na consecución dos ODS e a Axenda 2030, ten como obxectivo reducir a transmisión e mortalidade do coronavirus neste país africano
17/07/2020
UNICEF Comité Galicia e a Deputación de Pontevedra uníronse para protexer aos nenos e nenas máis vulnerables dos efectos da pandemia por COVID-19 en Senegal.
Distribuiranse subministracións entre as familias máis vulnerables e o persoal sanitario para garantir unha hixiene e saneamento adecuados. Así mesmo, instalaranse tanques de auga e puntos de lavado de mans para dispoñer de auga limpa e para a hixiene persoal.
Nos últimos anos, entre outras colaboracións no marco da axuda humanitaria e a cooperación ao desenvolvemento, a Deputación de Pontevedra colaborou con UNICEF para mellorar a nutrición, a saúde e a educación da infancia e a adolescencia en Siria, un país que, tras máis de nove anos de guerra, segue arrasado pola violencia e o sufrimento máis extremos.
"Neste contexto, a cooperación ao desenvolvemento ten un papel crave como catalizador de respostas globais, multisectoriais e dirixidas a quen máis o necesitan, por iso é polo que queiramos trasladar o noso máis sincero agradecemento á Deputación de Pontevedra pola súa aposta continuada pola cooperación internacional que, no marco da Axenda 2030, aspira a non deixar a ninguén atrás”. subliñou Irene Marín, coordinadora de UNICEF Comité Galicia.