Crise de refuxiados: a saúde dos nenos debilítase
A saúde dos nenos refuxiados e migrantes que chegan a Europa está en perigo. A dura viaxe en busca dun lugar máis seguro para vivir déixaos exhaustos, asustados, tensos. Moitos acaban caendo enfermos.
En UNICEF preocúpanos
especialmente o inverno. As temperaturas baixo
cero están a debilitar a saúde dos nenos que atravesan o continente
porque non teñen roupa de abrigo ninalimentación adecuada.
A situación está a empeorar
porque escasean os lugares pechados onde osrefuxiados e migrantes poidan
protexerse do frío. Ademais, moitos centros de recepción, trens e
autobuses, non teñen calefacción.
MÁiS DE 1 MILLÓN DE REFUxIADOS chEGARON A EUROPA EN 2015
En 2015, máis de 1 millón
de refuxiados e migrantes cruzaron oMediterráneo para chegar ás costas europeas. Entre
eles había 253.700 nenos.
Atopámonos ante unha das maiorescrises de refuxiados da historia. Unha crise que,
cada vez máis, ten rostro de neno. Nas últimas semanas, a
proporción de menores de idade entre as persoas que chegan a Europa
aumentou até 1 de cada 3.
Segundo a coordinadora especial
de UNICEF para a crise dos refuxiados e migrantes en Europa,Marie-Pierre Poirier, os nenos son especialmente
vulnerables ás infeccións respiratorias, problemas
dixestivos e diarreas. A falta de lactación
materna tamén podería afectar seriamente aos bebés.
OS NenOS REFUxIADOS e MIGRANTES NECESITAN AxUDA
A información que se comparte
sobre o paso de fronteiras é claramente
insuficiente e impide identificar aos nenos máis vulnerables. Desde
UNICEF estamos a traballar con outras organizacións paraaxilizar a ruta das persoas refuxiadas e migrantese evitar que queden atascados nalgún punto do camiño.
Ademais, no últimos tres meses,
proporcionamos atención a 81.000 nenos nos nosos
espazos amigos da infancia da ex República Iugoslava de
Macedonia, Serbia e Croacia. Ademais,
case 18.000 bebés pasaron polo noso centro de
atención a nais e nenos pequenos.
Para facer fronte ao inverno,
distribuímos 13.500 artigos como abrigos, mantas,
cambiadores ou portabebés. En Croacia e a
ex República Iugoslava de Macedonia, uns 6.000
nenos recibiron roupa para o frío. En Serbia, case 8.000
nenos teñen xa material para o inverno.
Necesitámosche para seguir
levando calor aos nenos refuxiados.Faite socio de
UNICEF e axúdanos a protexelos!