Crise de Sirya: 3 anos de conflito, máis de 5,5 millóns de nenos afectados
Mentres o conflito en Sirya se achega ao seu terceiro aniversario, o número de nenos afectados é máis do dobre que hai un ano.
É un dato do informe de UNICEF Baixo estado de sitio- o impacto desvastador para
os nenos que viviron tres anos de conflito en
Sirya. Este informe céntrase nos 5,5
millóns de nenos afectados e o enorme dano que o conflito
lles está a causar.
O maior impacto estao a sufrir 1 millón de nenosatrapados en zonas de Sirya en estado de sitio, ou en áreas nas que pola constante violencia non chega a axuda humanitaria.
Os 5,5 millóns de nenos afectados están dentro do país ou refuxiados nos países veciños. Todos eles están en risco debido áviolencia, o colapso dos servizos de saúde e educación, o trauma que sofren e o impacto económico nas súas familias.
O resultado de combinar todos estes factores é que toda unha xeración de nenos sirios podería perderse se o conflito non remata.
A infancia de millóns de nenos está a ser truncada. UNICEFquere poñer rostro e nome a esas historias tan duras como reais. Como a de Adnan, de 4 anos, cuxa casa foi bombardeada. Fuxiu coa súa familia a Líbano, coa súa cara chea de cicatrices. "Chora todas as noites", di a súa nai. "Ten medo de todo e asústase se o deixamos só, aínda que sexa un segundo,".Adnan e outros 2 millóns de nenos, segundo cálculos de UNICEF, necesitan apoio psicolóxico ou tratamento.
Crise de Sirya: hai que poñer fin ao sufrimento dos nenos
UNICEF pide neste informe
que se poña fin á violencia de inmediato e que aumente o apoio aos
afectados.
"Para os nenos de Sirya, os últimos tres anos
foron os máis longos da súa vida. Deben aguantar outro ano desufrimento? ", pregúntase o director executivo deUNICEF, Anthony Lake.
Dentro do país hai nenos atrapados coas súas familias en zonas de
estado de sitio. Están illados e non reciben
axuda. Moitos nenos sirios quedaron sen protección, sen atención
médica, sen apoio psicolóxico e cun escaso ou ningún acceso á
educación.
Nos peores casos os nenos e as mulleres embarazadas foron feridos
deliberadamente ou matados por francotiradores.
Fóra de Sirya hai 1,2 millóns de nenos, que
fuxiron aos países veciños. Son refuxiados que
viven en campamentos e comunidades de acollida desbordadas. Teñen
un acceso limitado a auga potable, a alimentos nutritivos ou a
oportunidades de aprendizaxe.
Nestes tres anos de guerra os nenos sirios víronse obrigados a
crecer máis rápido do que calquera neno debería. UNICEF estima que 1 de cada 10 nenos
refuxiados traballa, e 1 de cada 5 nenas sirias en
Xordania é forzada a casar a unha idade temperá.
"Esta guerra ten que rematar para
que os nenos poidan regresar de xeito seguro aos seus fogares coa
súa familia e os seus amigos", conclúe Lake. "Este desvastador terceiro ano para os nenos
sirios debe ser o último".