Crise de Sirya: Abed sálvase da desnutrición
En Gaziyeh, ao sur de Líbano, 70 familias que fuxiron de Sirya viven nun albergue colectivo. Teñen que compartir un baño e unha cociña.
Unha desas familias é a de Tourkia. Viven con outras dez
persoas.
O seu filloAbed, de 15 meses, sofre desnutrición. Tourkia cóntanos que levaron o neno ao médico porque tiña febre e vomitaba.
"El díxonos que necesitaba urxentemente que o levásemos a unhospital. Dixémoslle ao doutor que non podiamos. Pero el díxonos que tiñamos que levalo inmediatamente", explicaangustiada.
Tourkia e o seu marido non podían levar aAbed ao hospital porque nontiñan diñeiro. Pero o neno estaba moidébil. " Que podiamos facer? Estabamos a velo morrer".
Cun ano e medio, o neno pesaba só 7 quilos. "Mírale. Parece un neno normal? Onde está a infancia que se supón que debía ter? ", pregúntase a súa nai.
Adesnutrición é unha ameaza silenciosa en Líbano. Case 2.000 nenossirios refuxiados nese país están en risco de morrer por desnutrición e necesitan tratamento inmediato para sobrevivir.
Nais como Tourkia non poden garantir unha nutrición axeitada para os seus fillos. Doulle todo o que encontro aquí, admiteTourkia. "Abed non ten ningunha comida en especial".
Crise de Sirya: non podemos dar ao noso fillo unha boa vida
É a angustia dunha nai que só quere "o
que todas as nais desexan para os seus fillos: unha vida normal".Tourkia só quere poder "darlles roupa,
comida, cubrir as súas necesidades básicas". O seusono é "ter unha casa para nós e
os nosos fillos".
UNICEF e os seus aliados traballan, en colaboración co goberno, para desenvolver medidas inmediatas tanto a curto como a longo prazo para rematar coa desnutrición infantil.
AfortunadamenteAbed foi tratado a tempo con alimento terapéutico que lle salvou a vida. Pero miles de nenos continúan en risco se non reciben suplementos nutricionais.
É unhaconsecuencia máis da guerra que están a sufrir dende hai tres anos os nenos de Sirya. Á falta de servizos básicos de saúde, o abandono escolar e o trauma psicolóxico únese a ameaza da desnutrición infantil.
Por iso UNICEF e outras organizacións pedimos o fin do conflito e que os nenos de Sirya poidan vivir en paz. Se ti tamén queres sumarte a esta petición, déixanos a túafirma.