Crise de Sirya: "Adnan está sempre asustado, especialmente pola noite,"
Adnan, de 4 anos, nunca esquecerá os dous minutos nos que todo o seu mundo se virou do revés. As chamas que destruíron o seu fogar en Sirya queimaron o seu corpo e a súa cara. Este neno perdeu a capacidade de falar, e só agora está empezando a aprender as súas primeiras palabras de novo.
A súa casa en Hama, ao oeste de Sirya, foi alcanzada por un foguete, os pais deAdnan non lograron sacar ao seu fillo de alí a tempo. "El non quedou moito tempo no lume. Non máis de dous minutos. Pero o lume era moi forte ", recorda o seu pai.
Adnan teme ao mundo exterior
Cunha mirada de cansazo, de desespero e de profunda
tristura, a nai de Adnandescribe a forma en que o neno está psicoloxicamente afectado na
súa vida cotiá, polo shock que sufriu.
"Chora toda a noite e ten medo de todo, desespérase cando o seu pai e eu lle deixamos por un segundo", explica. Cada vez que alguén de fóra da familia se achega a el, séntese ameazado.
"En xeral, os nenos están tranquilos", di o pai de Adnan, aínda que "cando escoitan o son dun avión ou un coche teñen medo", engade. Pero agora, pouco a pouco, estanse a empezar a adaptar e sentirse máis seguros. "Agás Adnan, que está constantemente asustado, especialmente pola noite," conta o seu pai.
A familia deAdnan refuxiouse nunha tenda de campaña improvisada en Líbano. A familia está a vivir en condicións extremadamente difíciles, o que agrava o trauma deAdnan. A dor vai máis alá das súas queimaduras e inclúe a fame, o frío, e a falta de cobertura das súas necesidades básicas. Debido a que os seus pais non llelo poden permitir, Adnan non está a seguir tratamento ningún para recuperarse das súas feridas físicas.
UNICEF traballa en protección
En Líbano, UNICEFestá a abordar tanto os efectos inmediatos, coma os efectos a longo
prazo, das atrocidades que sufriron os nenos sirios.UNICEF estableceu 37 Espazos
Amigos da Infancia e unha furgoneta móbil que chega a nove
comunidades.
Esta iniciativa ten como obxectivo ofrecer aos nenos unha ampla gama de actividades psicosociais - na actualidade benefícianse 17.062 nenos - para aliviar a dor; e axudarlles a superar o estrés que sufriron.