Crise de Sirya: cada vez que voes con easyJet poderás facer unha doazón a UNICEF
Calquera pasaxeiro que viaxe coa aeroliña easyJet durante as próximas seis semanas poderá realizar unha doazón a favor de UNICEF que se destinará a axudar os nenos de Sirya afectados polo conflito, que se enfrontan a un terceiro inverno moi frío.
Esta campaña de inverno enmárcase enChange forGood, unha
iniciativa global de UNICEF en
colaboración coas principais aeroliñas mundiais para traballar
xuntos na protección dos dereitosdos nenos e a mellora da situación da
infancia en todo o mundo.
Máis de 5 millóns de nenos sirios, dos que máis dun millón están refuxiados en países veciños, encóntranse nunha situación de necesidade urxente de axuda. Están a vivir en condicións moi difíciles e enfróntanse a uns meses duros, nos que as temperaturas poderán caer por debaixo dos cero graos.
easyJet e UNICEF animan a xente a contribuír co seu donativo a proporcionar subministracións esenciais eacceso á saúde a millóns de nenos sirios.
AxUDA A SIRyA: millóns de nenos necesitan refuxio e apoio psicosocial
UNICEF está
a traballar dentro de Sirya e nos cinco países
veciños (Xordania, Líbano, Turquía, Iraq e Exipto) para
proporcionar mantas, roupa de abrigo, auga, medicinas e
apoio psicosocial para evitar unha xeración perdida de
nenos sirios pola guerra.
"UNICEF e os seus aliados conseguiron resultados que serviron para salvar moitas vidas, como a vacinación de máis de 5 millóns de nenos en toda a rexión para evitar enfermidades mortais; a distribución de auga para máis de 10 millóns de persoasdentro de Sirya e nos países veciños; e a distribución desubministracións de emerxencia en Homs, Alepo e outras zonas de difícil acceso," sinalou o director executivo deUNICEF Comité Español, Javier Martos.
Pola súa banda, oCEO de easyJet, Carolyn McCall, mostrouse compracido con este segundo chamamento en colaboración con UNICEF "para axudar a recadar os tan necesarios fondos para os nenos de Sirya".
"Juntos xa recadamos máis de 2,5 millóns de euros para a misión de UNICEF de cambiar vidas, e gustaríanos agradecer de antemán aos nosos pasaxeiros a xenerosidade que sempre mostran", engadiu.
Os pasaxeiros poderán facer o seu donativo á campaña de inverno para Sirya ata o 31 de xaneiro na rede paneuropea da compañía, que opera 685 rutas en máis de 34 países.