Crise de Sirya: chega a primeira tormenta de frío e é necesario protexer os nenos

A primeira tormenta de frío chegou a Líbano, e UNICEF acelerou a distribución de axuda para os nenos. Máis de 110.000 nenos refuxiados e as súas familias enfróntanse a condicións extremas, sendo a situación especialmente grave nos refuxios máis informais construídos con tendas de campaña.

As familias estanse a quedar sen combustible, fundamental para manter quentes os nenos e algunhas tendas de campaña están a romper porque non aguantan o peso da neve.
 

A exposición ao frío prexudica a saúde dos nenos que xa están a loitar por sobrevivir e manterse sans, polo que expoñerse a infeccións respiratorias agudas pode supoñer unha verdadeira ameaza para a súa supervivencia.

AxUDA A SIRyA:  A TORMENTA AGUDIZA A SITUACIÓN DE EMERxENCIA

"UNICEFestá a traballar cos seus aliados para protexer o maior número posible de familias libanesas ou refuxiados sirios", dixoAnnamaria Laurini, Representante deUNICEF en Líbano. "Esta tormenta marca o comezo dun inverno difícil, sobre todo para os que viven en refuxios inadecuados e expostos ao frío e a humidade. "

Coa caída das temperaturas por debaixo dos cero graos, as nais están a pedir que os seus fillos sexan protexidos do frío ata que pase a tormenta.

A tormentaAlexa provocou a primeira nevada deste inverno, pero as condicións climatolóxicas seguirán sendo complicadas nos próximos meses.

o TRABAllO DE UNICEF No CONFLITO DE SIRyA

Meses antes de que chegase a tormenta Alexa, UNICEF e os seus aliados comezaron a distribución de subministracións esenciais e kits de inverno nas rexións nas que van ser necesarios.

O fin de semana pasado entregáronse 5.000 kits con roupa de abrigo para os nenos que viven en áreas remotas como Aarsal, ao leste de Líbano. Ata o momento distribuíronse 74.603 kits de inverno. O próximo mes, máis de 153.000 nenos recibirán roupa de inverno.

UNICEF tamén está a apoiar o Ministerio de Saúde Pública con subministracións médicas esenciais para o tratamento de infeccións respiratorias e enfermidades diarreicas. Estas subministracións cobren as necesidades de 10.000 refuxiados que se encontran nos lugares máis vulnerables.
UNICEF tamén está a proporcionarcombustible a máis de 350 escolas das zonas máis frías de Líbano para quentar as aulas durante o frío inverno, co que o número de nenos protexidos do frío ascende241.750 en todo Líbano.