Crise de Sirya: debemos actuar agora
Todos estamos en estado de shock ao ver as imaxes de tantos nenos sufrindo, declara o director executivo de UNICEF, Anthony Lake.
Pero o impacto a longo prazo é menos
visible. O conflito afecta ás mentes e os corazóns
duns nenos que se viron obrigados a deixar as súas
casas e os seus colexios.
Nenos cuxainfancia foiroubada.
Foron e son testemuñas dunha violencia brutal. Por iso, dalgún xeito,empezan a crer que isto é normal.
Os nenos deSirya son os futuros médicos, avogados, profesores e líderes da súa terra. Perosen acceso a educación será difícil que poidan obter as habilidades e o coñecemento que lles permita reconstruír as súas vidas e contribuír á reconstrución do seu país.
Necesitan protección e apoio para superar o trauma. Necesitan paz para, no futuro, ser capaces de dirixir a reconciliación que require o seu país.
"Non podemos permitirnosperder unha xeración enteira denenos de Sirya", di Anthony Lake. Por iso "debemos actuar agora para darlles a educación, a proteccióne o apoio que necesitan para converterse nos líderes dun futuro mellor".
Crise de Sirya: os nenos son o futuro
Hai quedefender agora os nenos porque eles son ofuturo de Sirya.
Por iso dendeUNICEFpedímosche:
- Por favor, fai que a súa voz se oia.
- Mostra o teu apoio.
- Difunde a mensaxe.
- Convértete nun defensor dos nenos de Sirya. Podes facelo deixándonos a túa firma para pedir á comunidade internacional que poña fin a esta barbarie.