Crise de Sirya: informe sobre a brutalidade e os abusos contra os nenos

Declaración de UNICEF con motivo do Informe do Secretario Xeral de Nacións Unidas sobre os nenos e o conflito armado en Sirya.

Acaba de facerse público o primeiro informe do Secretario Xeral da ONU, Ban Ki-moon, sobre os nenos e o conflito armado en Sirya. O documento proporciona un arrepiante balance dabrutalidade e os abusos que os nenos sufriron durante case tres anos. Por outra parte, encerra un claro recordatorio de por que este horrible conflito debe rematar.

cRISe DE sIRyA: OS NenOS, EPICENTRO DA VIOLENCIA 

Os nenos foron asasinados, arrestados, secuestrados, torturados, mutilados, abusados sexualmente e recrutados por grupos armados. Os nenos foron utilizados como escudos humanos; as escolas e os hospitais foron atacados e usados para outros propósitos. O acceso humanitario foi bloqueado e impedido, afondando o sufrimento dos nenos e os civís.As graves violacións contra os nenos citadas no informe demandan unha resposta.UNICEF únese ao Secretario Xeral no chamamento para un final inmediato do ataque a nenos e civís inocentes, incluíndo o uso de armas que ocasionan dano indiscriminado e desproporcionado, como aquelas utilizadas nunha ondada mortal de ataques enAlepo esta semana. Nunha reunión hoxe do Comité Executivo de UNICEF, o Director Executivo,Anthony Lake, afirmou que "todos aqueles involucrados no conflito e os que teñen influencia sobre eles, teñen a obriga de facer todo o posible para protexer os nenos da violencia - violencia na que os nenos non poden formar parte.