Crise de Sirya: máis de 2 millóns de nenos non van ao colexio
Preto de 2.3 millóns de nenos deixaron de ir ao colexio en Sirya. E máis do 60% dos 735.000 nenos refuxiados en idade escolar na rexión, non están escolarizados.
Só no Líbano, menos do 25% dos nenos sirios están escolarizados no sistema público.
"En Sirya non deixaba de ir ao colexio. Mesmo nas vacacións de verán chorabamos e queriamos que se rematasen as vacacións", di Hanaa, refuxiada siria. A maioría dos refuxiados sirios levan un ou dous anos sen escolarizar. Rafah, refuxiada siria con problemas de visión, conta que "vimos como disparaban aos nenos, así que viñemos. Dixéronnos: haberá colexio pasadomañá. Enganáronnos e viñemos". Estar fóra do colexio significa un incremento do risco deexplotación e do abuso de menores, e que as perspectivas dun futuro mellor diminúan. O prolongado conflito no seu país está a poñer en perigo a unha xeración enteira de nenos. O profesor Nariman Borhani explica que "a súa situación é moi difícil. Non teñen moitas cousas coas que ocupar o seu tempo. E na casa todo o que teñen é violencia. Vin moitas situacións violentas que non sempre podo controlar. Un neno de 7 anos pegou os seus amigos cunha botella. Ou mesmo usan unha botella rota para pegar os outros. A violencia é realmente difícil e estamos a tratar de ensinarlles mesmo o aseo".
Crise de Sirya: A EDUCACIÓN nos campos de refuxiados
UNICEF e os seus aliados, entre os que están as ONG locais Máis alá e Sawa, aumentaron as actividades non formais de educación para acomodar os nenos que non foron absorbidos polo sistema público. Unha iniciativa foi proporcionar educación non formal en asentamentos de tendas de campaña como o de Hanaa e Rafah. Coas clases, os nenos máis vulnerables son capaces de aprender e xogar xuntos e reciben apoio psicosocial nun ambiente seguro. Como conta o profesor Zaher Nebhan, "non aceptamos que se peguen. Falámoslles sobre o aseo e o bo comportamento. Facemos todo isto cos rapaces cos que traballamos. Así, recentemente vimos un gran cambio". Ao ter experimentado ou visto a violencia, tratan de rematar coa súa angustia sendo agresivos os uns cos outros. Coa educación non formal, que inclúe apoio psicosocial e actividades recreativas, os nenos vulnerables aprenden como afrontar as súas experiencias e a comportarse cos outros. "É unha meta persoal para min, facer que estes nenos se sintan como no colexio", di o profesor Borhani. Mentres os nenos esperan a educación formal, profesores como el danlles esperanza para o futuro ou, mesmo máis importante, déixanos soñar.
Como Hanaa, que de maiorquere ser profesora ou doutora. Profesora para ensinar os nenos para que se fagan doutores ou enxeñeiros ou avogados. Mira a miña profesora Rula. Ensínanos e é marabillosa". Estes nenos teñen moitas barreiras na súa educación. Os custos do transporte e a matrícula poden ser moi grandes para as familias. Algúns colexios no Líbano ensinan algunhas materias en inglés e francés, idiomas que os nenos sirios non falan. E os pais sirios poden ser remisos a mandar os seus nenos ao colexio sen saber se estarán seguros.