Crise de Sirya: máis de 4 millóns de nenos en risco
UNICEF sinalou hoxe tras o presunto uso de armas químicas en Sirya que "os ataques a civís nos arredores de Damasco, incluíndo presuntamente nenos, resultan profundamente alarmantes. "
Nunha declaración, subliña que "actos tan horribles como estes deberían ser un recordatorio para todas as partes, e para todos os que teñen influencia sobre eles, de que este terrible conflito chegou demasiado lonxe e de que os nenos sufriron máis que suficiente. Os nenos deben ser protexidos, e aqueles que non o fagan terán que render contas".
Fai un donativo para Sirya
Máis de 4 millóns de nenos en risco
Con máis de 4 millóns de nenos en risco, o conflito en
Sirya é unha das crises máis graves que afecta á infancia
en todo o mundo. Os nenos están a sufrir a violencia, o
desprazamento a grande escala e a escaseza de recursos
básicos.
Dende o inicio do conflito, máis de 1,8 millóns de persoas fuxiron aos países veciños (Xordania, Líbano, Iraq, Turquía e Exipto), buscando un lugar seguro para eles e as súas familias. O constante fluxo de refuxiados fai que as necesidades nas cidades que os reciben aumenten cada día.
UNICEF advertiu que dende o xoves cruzaron o ríoTigris, na gobernación de Duhok (norte de Iraq),máis de 20.000 sirios e espérase que o fluxo continúe nos próximos días.
"O noso persoal no paso de fronteira de Peshkhabour, no norte de Iraq, comenta que moitos dos recén chegados están esgotados e con necesidades urxentes de auga e refuxio xa que as temperaturas de verán alcanzan os 45 graos centígrados", dixo o Representante deUNICEF en Iraq, Marzio Babille. "Xunto aos nosos aliados, estamos a facer todo o posible para garantir que todas as necesidades dos recén chegados se satisfán de inmediato" engadiu.
- Fai un donativo para Sirya
Necesidade urxente de axuda
UNICEF traballa
dentro e fóra de Sirya para dar resposta ás necesidades
inmediatas da poboación proporcionando subministracións de
emerxencia, auga potable, servizos de saúde, educación e
protección. Grazas a este traballo, e ao dos nosos aliados, estamos
a apoiar miles de nenos e familias para a súa supervivencia e
desenvolvemento.
Non obstante, existe unha grave escaseza de fondos para chegar a todos os afectados. Ti podes apoiar á emerxencia de Sirya enviando un SMS coa palabra UNICEF ao 28028 * ou facendo un donativo aquí.