Crise de Sirya: máis de 6 millóns de nenos afectados polo conflito necesitan axuda humanitaria urxente

As nenas e os nenos afectados polo conflito de Sirya que necesitan axuda humanitaria de forma urxente xa aumentaron en case 2 millóns máis, mentres que a grave crise de financiamento se segue afondando.

Xa no cuarto ano consecutivo da crise de Sirya, o seu impacto nos nenos dá cada vez mostras máis desvastadoras, segundo os últimos datos que se ofreceron esta semana dende Nacións Unidas.

Os datos, que acompañan a unha solicitude de fondos da ONU para dar resposta á crise na rexión, mostran que 6,5 millóns de nenos sirios necesitan asistencia humanitaria inmediata, xa sexa os que seguen dentro do país como os que viven nos países veciños como refuxiados. Este número representa un aumento de case dous millóns de nenos máis en comparación coas cifras de hai un ano.
 

Crise de Sirya: 2 millóns de nenos máis en necesidade

"Os nenos ven os seus fogares, escolas, centros de saúde e comunidades destruídas. Millóns de sonos e esperanzas esnaquizáronse. Non é o momento para que o mundo mire cara a outro lado", explicou Maria Calivis, directora rexional de UNICEF para Oriente Medio e o Norte de África.

A sensación de perda e o medo aumentan entre os nenos sirios. "Saímos do noso pobo para escapar dos bombardeos. Conducimos durante tres horas para chegar preto da fronteira e unha vez que caía a noite, camiñamos tres horas para cruzar a Turquía. Había moitos postos de control ao longo do camiño. Vin xente con armas de fogo e tiña medo", explica Ala'a *, de 13 anos de idade, un neno de Alepo, que agora vive como refuxiado en Turquía.

Crise de Sirya: o traballo de unicef

A violencia, xunto co desprazamento constante, é o caldo de cultivo dos crecentes brotes de enfermidades como a poliomielite e o sarampelo, e está a minguar o acceso aos servizos vitais como a auga, o saneamento e a educación. UNICEF redobra os seus esforzos para chegar a tantos nenos como sexa posible dentro de Sirya e nos países veciños.

Dentro de Sirya no que vai do ano e, a pesar de grandes obstáculos debido á violencia e as restricións de acceso, UNICEF, xunto a outros aliados, puido asegurar a dispoñibilidade de auga potable a unhas 17 millóns de persoas, así como apoio á vacinación de 2,9 millóns de nenos contra a polio - parte dunha campaña de inmunización rexional sen precedentes chegando a 25 millóns de nenos. Mentres tanto, como parte dos esforzos para satisfacer as necesidades da infancia directamente afectado polo conflito, UNICEF proporcionou a 114.000 nenos materiais educativos e apoio psicolóxico a outros 34.000.

Pero a falta de fondos ameaza a capacidade de UNICEF para continuar proporcionando asistencia vital aos nenos; a axencia ten unha brecha de 487 millóns de dólares para cubrir os seus programas de emerxencia para os nenos dentro de Sirya e nos países veciños ata finais de 2014.

Crise de Sirya: Alarmante falta de fondos

"Estamos moi agradecidos aos nosos doadores que foron extremadamente xenerosos. Pero sen novos recursos as nosas operacións (incluíndo a auga para salvar a vida e as intervencións de saneamento para os refuxiados en Iraq, o Líbano e Xordania) inevitablemente veranse interrompidas e algunhas poderían cesar por completo ", explicou Calivis.

* O nome foi cambiado