Crise de Sirya: os nenos contan as súas historias e os seus sonos

Pensa por un momento nos nenos e nenas que tes preto de ti. Os teus fillos, os fillos dos teus amigos, os teus sobriños... agora imaxina que levan 2, 3, ata 4 anos sen ir ao colexio. Imaxina que durante todo ese tempo non viron os seus mellores amigos, non recibiron ningún xoguete e non durmiron na súa cama.

Aínda que isto pareza ciencia ficción no noso ámbito próximo, estas historias son reais en Sirya e os países veciños.

Os seus protagonistas son só algúns dos 14 millóns de nenos que viron como as súas vidas cambiaron radicalmente a causa da guerra, que acaba de entrar no seu quinto ano. O seu futuro está en perigo; non obstante, non perden a esperanza de ter unha vida mellor.

Ahmad quere ser médico; Dala, profesora, pero levan tempo sen asistir ao colexio. Son parte dos 2,6 millóns de nenos que viven dentro de Sirya e aos que a guerra deixou fóra das aulas.

Dende UNICEF traballamos para reducir este número e conseguir que nenos como Ahmad e Dala poidan cumprir os seus sonos e sexan parte activa da reconstrución do seu país.

SIRyA: NACER e VIVIR EN GUERRA

Máis de 114.000 nenos sirios naceron como refuxiados nos países veciños dende o inicio do conflito. Eles nin se queira coñecen os fogares aos que os seus pais e irmáns desexan volver canto antes.

Os únicos que viviron estes nenos son horrores. Todos os seus recordos están tinguidos polo conflito, a miseria e a privación. A violencia forma parte do seu día a día e existe un serio risco de que a normalicen e a reproduzan cando crezan.

Estes nenos merecen crecer nun ámbito seguro que lles permita desenvolver plenamente as súas capacidades. Axúdanos a proporcionarlles a educación, sanidade e protección que necesitan.

SIRyA: OS PAÍSES VECIñOS, CADA VEZ MÁiS AFECTADOS  

As comunidades de acollida nos países veciños, moitas delas xa vulnerables antes da crise, sofren unha presión crecente; os seus recursos estanse a esgotar e o seu acceso aos servizos está ameazado.

Por este motivo, os nenos destas comunidades tamén necesitan apoio. É moi importante que o conflito en Sirya non afecte o seu desenvolvemento educativo e poidan seguir accedendo aos servizos sanitarios esenciais.