Crise de Sirya: os nenos en risco ante a chegada do duro inverno

Case 5,5 millóns de nenos sirios que se encontran en situación de vulnerabilidade pronto enfrontaranse a unha nova tempada de inverno. Durante o pasado mes de xaneiro rexistráronse as temperaturas máis frías da década, polo que UNICEF manifesta a súa preocupación debido á exposición dos nenos sirios ao frío e a humidade, que teñen un impacto na súa saúde e benestar.

O tamaño da resposta humanitaria necesaria ante a chegada do inverno non ten precedentes. En decembro do ano pasado, había aproximadamente 1,15 millóns de nenos e nenas afectados polacrise de Sirya, cuns 232.000 nenos sirios vivindo como refuxiados nos países veciños. Actualmente, a punto de cumprirse tres anos de conflito, eses números disparáronse a 4,3 millóns e 1,2 millóns, respectivamente.


"Millóns de nenos sirios desprazados tiveron que refuxiarse en lugares con condicións de vida inadecuadas", dixo Maria Calivis, Directora Rexional de UNICEF para Oriente Medio e o Norte de África. "Cando se suman temperaturas frías e chuvia, os nenos menores de cinco anos son especialmente propensos a contraer enfermidades, como infeccións respiratorias agudas, que se contaxian con facilidade en ámbitos de amoreamento. "

 

Axuda aos nenos sirios 

Actualmente hai máis de 436.000 nenos refuxiados sirios menores de cinco anos en Líbano, Xordania, Iraq, Turquía e o norte de África vivindo en campos de refuxiados, asentamentos construídos con tendas de campaña e comunidades de acollida. "Xunto aos nosos aliados, xa distribuímos subministracións de emerxencia en Sirya e en toda a rexión para manter os nenos abrigados, secos e saudables este inverno", dixo Calivis.

A situación á que se enfrontan os máis de 400.000 nenos refuxiados sirios en Líbano é especialmente precaria xa que miles de familias están actualmente refuxiadas en asentamentos levantados con tendas de campaña en terras propensas a sufrir inundacións. En caso de que as tendas de campaña e as latrinas se inunden pola chuvia, aumenta o risco de que aparezan enfermidades transmitidas pola auga.
 

Resposta de UNICEF para axudar aos nenos sirios

En Líbano, UNICEF está a distribuír 88.000 kits de roupa de inverno para os nenos que viven en tendas de campaña de todo o país. Cada kit inclúe unha chaqueta, botas de auga, luvas, bufandas, gorros de la e roupa interior de abrigo.UNICEF tamén está a traballar para reforzar os sistemas de drenaxe, retirar depósitos de lixo e construír alicerces de formigón para as tendas de campaña. Ademais instaláronse outras subministracións como xeradores para dar acceso a duchas quentes.

Dentro de Sirya, UNICEF ten previsto distribuír a 2.000.000 de nenos paquetes desubministracións de emerxencia para o inverno. O paquete inclúe roupa de inverno para nenos, mantas, sabas de plástico, e kits de hixiene.

EnXordania, UNICEFproporcionará 35.000 kits de roupa de inverno para os nenos refuxiados sirios menores de cinco anos, ademais de 24.000 mantas.

Para manter os nenos na escola, UNICEF está a distribuír nos campamentos de refuxiados sirios en Iraq e Turquía, 370 tendas de campaña preparadas para o inverno, para que sexan usadas como aulas e espazos acolledores para os nenos, xunto ao combustible para a calefacción.

UNICEF necesita con urxencia fondos para distribuír aos nenos afectados e as súas familias, en Sirya e países veciños, subministracións vitais de emerxencia, preparadas para o inverno. Aínda faltan uns 13 millóns de dólares para poder manter o traballo de emerxencia, e protexer así os nenos ante a chegada do inverno.