Crise de Sirya: os rostros da guerra
Nenos feridos, nenos xogando a matar, nenos xunto a homes armados, nenos sentados en pupitres de escolas destruídas. Nenos que viron a súa infancia truncada.
Son os nenos que sofren a guerra de Sirya. Son testemuñas e vítimas do horror e abarbarie. Nenos como Dania, de 11 anos. Xogaba na rúa cando foi ferida polametralla dunha bomba. Os seus irmáns Zaid, de 2 anos, e Fátima, de 6, foron testemuñas. Puido volver á casa tras permanecer no hospital. Un hospital que foi destruído meses despois. Ela é o rostro da guerra en Sirya. A súamirada transmítenos o medo dunha nena pequena que foi ferida pola barbarie da guerra. Os seusollos remóvennos por dentro e pídennos actuar por uns nenos que non están a vivir como nenos. Non hai un neno sirio que non se topase coa violencia e a destrución. Non teñen acceso atratamentos médicos. Non van aocolexio. Viven unha vida que non se corresponde coa dun neno.Millóns de nenos inocentes están a sufrir, están traumatizados. Son a imaxe da dor. Non queremos que sigan sufrindo o horror e a barbarie. Non podemos toleralo. Por iso pedimos a túafirma. Porque entre todos queremos convencer a comunidade internacional para que rematen con estesufrimento. A fotografía de Dania recibiu hoxe o Premio Foto UNICEF do ano 2013 xunto con outras imaxes. Todas elas foron tomadas enAlepo polo fotógrafo suecoNiclas Hammarström para reflectir os case 3 anos de guerra civil e o seu impacto nas familias sirias. O autor estivo secuestrado en Sirya entre novembro de 2013 e xaneiro de 2014.