Crise de Sirya: preparando a volta ao colexio de 30.000 nenos refuxiados en Xordania

UNICEF e os seus aliados en Xordania están a ampliar os programas educativos para chegar aos nenos que non van a clase porque tiveron que quedar na casa e que, como van tres ou máis cursos por detrás, xa non poden volver matricularse nas escolas formais.

 

 
UNICEF estima que hai preto de 60.000 nenos sirios e xordanos vulnerables que non poden regresar ao sistema educativo público, polo que necesitan ser reincorporados con urxencia a sistemas educativos informais.

Moitos destes nenospasan a maior parte do tempo nas súas casas. Recoñecen estaraburridos e frustrados, con pouca esperanza nun futuro que auguran pouco prometedor.

Os nenos sirios tamén están a intentar convivir co estrés emocional de vivir no medio dun conflito ou como desprazados, sendo vulnerables áexplotación e oabuso.

Moitos pais prefiren deixar os seus fillos na casa como medida de protección. Tras unha avaliación psicolóxica dos mozos do campamento de refuxiados de Za'atari, coñeceuse que a forma máis común que teñen os mozos de enfrontar os seus problemas, o 71%, era "abandonar ou esconderse.

Este ano, UNICEF e os seus aliados teñen previsto chegar a uns 30.000 nenos sirios e xordanos vulnerables que están nos seus fogares a través de programas de educación informal en todo o país.

Os programas xa existentes ampliaranse, como as clases informais que se imparten no centro comunitario de Baga'a, no leste de Amman, onde máis de 2.000 nenos están en lista de espera. Tamén abrirán outros26 centros ao longo do país.
 

CRISe DE SIRyA: FORMACIÓN PARA GARANTIR UN FUTURO

É esencial matricular os nenos que quedan nas súas casas para darlles a oportunidade de retomar un rumbo nas súas vidas, gañar en seguridade e recobrar a normalidade, así como motivar que interactuar con outros nenos e as súas comunidades. Asclases informais e de apoio motivan os nenos a volver ás clases onde aprenderán habilidades vitais e unhaformación que garanta o seufuturo.

Máis do 80% dos595.000 refuxiados sirios que viven enXordania encóntranse en pobos, e non en campamentos. UNICEF está a estudar ampliar aínda máis os seus programas para chegar a todos os nenos refuxiados en Xordania e darlles así a oportunidade de continuar cos seus estudos.