Crise de Sirya: superar o trauma a través do xogo
Nun refuxio de familias desprazadas na cidade siria de Homs, os nenos esquécense por un momento dos horrores da guerra. O xogo, as actividades lúdicas e as risas recórdanlles que seguen te ganas de vivir.
O director executivo de UNICEF, Anthony Lake, visitou o refuxio e destacou a importancia destes programas recreativos e educativos. "Algúns dos nenos sufrirontraumas terribles, viron cousas que un neno nunca debería ver. E se non reciben atención en lugares como este onde podes oírlles reir mesmo cando sofren no seu interior, poderán recuperarse dos seus traumas, explicaAnthony Lake. "Se non superamos isto, a próxima xeración de nenos sirios pode reproducir os mesmos odios, cando se faga adulta,".UNICEF calcula que 2 millóns de nenos necesitan apoio psicolóxicodebido a terrible situación que están a vivir en Sirya. Este refuxio era unha escola e está no medio dunha veciñanza bombardeada duramente. Agora, non obstante, réunense neste espazo onde non hai cabida para o asedio e aviolencia constante que sufriron durante case dous anos. "Falei cunha nena pequena que me contou que escribía un diario durante esta terrible experiencia. Pregunteille se seguía escribíndoo e díxome que o destruíra porque non quería recordar o que pasara", recorda Lake. Estímase que 1 millón de nenos sirios viven en situación de asedio ou en áreas do país con difícil acceso pola intensa violencia. UNICEFestá a facer todo o posible para aliviar esta situación. Estamos a tratar de conseguir máis subministracións médicas, máis comida, etc. Logramos algúnsprogresos, como vacinar contra a polio máis de 2 millóns de nenos ao mes, nos últimos meses", conta Lake. Pero queda moito por facer. "Espero que o mundo se sensibilice e que os diplomáticos logren poñerse de acordo e traten de poñer fin a esta terrible catástrofe aquí en Sirya".
Crise de SIRyA:as cicatrices da guerra
Xa hai máis de1,2 millóns de nenos refuxiados e esta cifra sobe cada día. Nos países de acollida hai entre 400.000 e 500.000 nenos que non van aocolexio.
Oscampos de refuxiados e ascomunidades de acollida están desbordadas e teñen un acceso limitado aauga potable, a alimentos nutritivos ou a oportunidades deaprendizaxe. O conflito deixou a 11,5 millóns de persoas afectadas dentro e fóra do país. Por iso seguimos pedindo á comunidade internacional o final do conflito, para que os nenos de Sirya deixen de sufrir o horror e a barbarie. Se queres unirte, podes asinar aquí.