Crise en Gaza: atacar unha escola onde se refuxian nenos é inaceptable
Os ataques de onte contra a escola de primaria Beit Hanoun co-Ed A e D - a terceira escola de Gaza alcanzada esta semana- é a proba de que aínda queda moito por facer para protexer os nenos inocentes.
Usar ou atacar escolas, onde os nenos se refuxian refuxio da violencia é inaceptable ante calquera circunstancia.
UNICEF reitera o seu chamamento ás partes no conflito a respecten aos nenos e as escolas.
Polo menos 192 nenos palestinos morreron en Gaza en 18 días. A medida que a cifra de mortos e o nivel de devastación aumentan cada hora, UNICEF faise eco da petición realizada polo Secretario Xeral para que pare de xeito inmediato a violencia.