Crise en Gaza: os nenos lévanse a peor parte da violencia

Máis de 2.744 nenos palestinos e polo menos seis nenos israelís resultaron feridos nun conflito marcado pola violencia indiscriminada e a falta de respecto polas pausas humanitarias.

408 nenos morreron en Gaza -case o 70% menores de 12 anos.

A violencia desprazou a miles de familias dentro de Gaza, incluídos 242.000 nenos.

Moitos buscaron refuxio en escolas dirixidas pola ONU que operan como albergues. 89 escolas dirixidas pola ONU en Gaza e dúas escolas en Israel foron atacadas.
 

Crise en Gaza: 1,5 millóns de persoas sen acceso a auga potable

O acceso á auga e ao saneamento son agora preocupacións vitais, a raíz do ataque á única central eléctrica de Gaza. A falta de auga potable aumenta o risco de enfermidades transmitidas pola auga, e os casos de diarrea entre os nenos agora aumentaron.

As temperaturas seguen elevándose en Gaza e os nenos teñen dificultades para encontrar auga -1,5 millóns de persoas encóntranse sen acceso seguro á auga potable, segundo denuncia UNICEF Palestina.

Despois de semanas de violencia, os nenos mostran síntomas de crecente angustia, como pesadelos, méxanse na cama e aférranse aos seus pais. UNICEF estima que polo menos 373.000 nenos necesitarán apoio psicolóxico para lidar co trauma.
 

Crise en Gaza: como responde UNICEF

  • Auga e saneamento: UNICEF instalou 3 puntos de auga comunitarios e comezou a distribuír 6.000 kits de hixiene e 6.000 bidóns de auga ás persoas desprazadas que viven nas escolas públicas. UNICEF tamén está a facilitar a reparación da infraestrutura da auga.

  • Saúde: UNICEF está a proporcionar equipamento para hospitais e subministracións médicas, incluíndo vacinas e medicamentos pediátricos esenciais.

  • Protección da infancia: Os equipos de emerxencia chegaron a máis de 3.000 nenos con apoio emocional e psicolóxico, e unha liña telefónica de protección que respondeu a 1.277 chamadas, incluíndo 377 de nenos.