Crise en Iraq: declaración de UNICEF sobre a morte de nenos yazidíes
As informacións que confirman a morte de 40 nenos pertencentes a grupos minoritarios -que se viran desprazados da cidade e do distrito de Sinjar pola violencia armada-, son extremadamente preocupantes.
Segundo informes oficiais recibidos por UNICEF, estes nenos da minoría Yazidi morreron como consecuencia directa da violencia, o desprazamento e a deshidratación que sufriron nos últimos dous días.
As familias que fuxiron da zona necesitan axuda urxente, e os 25.000 nenos que están agora atrapados nas montañas que rodean Sinjar teñen a necesidade extrema de recibir axuda humanitaria incluíndo auga potable e saneamento.
Crise en Irak: nenos vítimas da violencia e o desprazamento
Sinjar, un distrito de Ninewa situado no noroeste de Iraq no que hai uns 150.000 nenos -moitos deles desprazados internos-, foi ocupado polo Estado Islámico (anteriormente coñecido como ISIS) o domingo.
Os nenos son especialmente vulnerables, e tamén son os máis afectados pola violencia continua, o desprazamento e os enfrontamentos en Iraq. UNICEF reitera o seu chamamento urxente para que todos os nenos sexan protexidos e poidan recibir de xeito inmediato a axuda que necesitan para salvar as súas vidas.
UNICEF fai un chamamento a aqueles que teñen influencia para que garantan o acceso libre e seguro dos nenos e as mulleres aos refuxios, así como a respectar a protección especial outorgada aos nenos baixo o amparo da Lei Humanitaria Internacional e de Dereitos Humanos.
Coñece máis sobre a crise e encontra formas de colaborar cos nenos de Iraq.