Crise en Iraq: as violacións dos dereitos dos nenos son inaceptables

"O alcance e o tipo de violacións contra nenos, mulleres e comunidades de minorías en Iraq nas últimas semanas é das peores deste século e é completamente inaceptable, en ningún sentido nin por ningún código de conduta que poida rexer o conflito," denunciou Marzio Babille, representante de UNICEF Iraq.

 

 
Os testemuños de civís que lograron escapar da recente ofensiva de grupos armados en Sinjar (noroeste de Iraq) revelan casos atroces deasasinatos, secuestros eviolencia sexual contra mulleres e nenos.

Os equipos de especialistas en protección infantilenviados por UNICEF documentaron até o momento 123 casos diferentes de violación de dereitos por parte de grupos armados cando atacaron aos yazidí e a outros grupos de minorías que viven en áreas da provincia de Ninewa próximas á fronteira conSirya.

Oitenta destes casos foron verificados como graves violacións dosdereitos dos nenos en situacións deconflito armado, segundo as investigacións que UNICEF realiza no seu traballo do coñecido como Mecanismo de Control e Seguimento (MRM, nas súas siglas en inglés).

"Case cada persoa coa que falamos contou horribles violacións que experimentaron ou das que foron testemuñas eles mesmos ou membros das súas familias ou comunidades," explicou Ibrahim Sesay, especialista de UNICEF en Protección Infantil.

Unha nena yazidí de 16 anos contou como foiacurralada, xunto con outras nenas e mulleres elixidas para ser casadas en matrimonios forzados e temporais con fins sexuais. A nena dixo que llas arranxou para escapar pero que ás demais leváronllas.

"A agonía que agora están a sufrir estas mulleres e nenas como resultado dunha experiencia tan dolorosa requira un urxente aumento de atención especializada en saúde mental, esoporte médico, como parte dunha resposta máis ampla que se despregou ante estatraxedia", engadiu Sesay.
 

Crise en Iraq: o traballo de UNICEF

UNICEF proporcionouatención e apoio psicosocial até o momento a máis de 3.000 nenos refuxiados eangustiados que agora se refuxian na rexión kurda de Dohuk.

UNICEF e os seus aliados están a traballar ademais para atender asnecesidades inmediatas de auga potable, saneamento, hixiene,  vacinación dos nenos e das necesidades previstas para apoiar aos nenos a ter acceso áeducación, espazos seguros, actividades recreativas e servizos de protección.

Fai un donativo para os nenos de Iraq