Crise en Nixeria: "temos que evitar que morra un só neno máis"

A crise humanitaria casuada pola emerxencia de Boko Haram está a agravarse. Segundo os útimos datos, case un cuarto de millón de nenos sofre desnutrición aguda, o que lles coloca nun elevado risco de morte no estado de Borno, ao noroeste de Nixeria. 
 
Dos 244.000 nenos que sofren desnutrición aguda grave en Borno, estímase que 49.000 nenos, case 1 de cada 5, poderían morrer se non reciben tratamento.
 
A medida que máis áreas no noroeste ábrense á axuda humanitaria, está a constatarse o endurecemento da grave crise alimentaria que afecta os nenos. Por iso, desde UNICEF estamos a pedir a todos os nosos aliados que se unan á resposta humanitaria a esta crise e aos doantes que apoien con recursos. 
 

Crise en Nixeria: miles de nenos sofren desnutrición aguda 

"Cada día morrerán 134 nenos por causas relacionadas coa desnutrición aguda se a resposta non aumenta rapidamente", dixo Manuel Fontaine, director rexional de UNICEF para África Occidental e Central, á volta da súa visita ao estado de Borno. "Necesitamos que todos os aliados e doantes dean un paso á fronte para evitar que morra un só neno máis. Ninguén pode facer fronte a unha crise así en solitario".
 
Durante a súa visita a lugares agora accesibles, que anteriormente estaban baixo o control de Boko Haram, Fontaine foi testemuña de cidades destruídas que aloxan persoas desprazadas, familias con acceso limitado a condicións adecuadas de hixiene, auga ou alimentos, e miles de nenos, que neceistan axuda de maneira desesperada.   
 
"Hai 2 millóns de persoas ás que seguimos sen poder chegar no estado de Borno, o que quere dicir que a verdadeira dimensión desta crise aínda non se revelou ao mundo", declara Fontaine. "Hai organizacións en terreo facendo un traballo fantástico, pero ningunha estamos a ser capaces de traballar na escala e calidade que necesitamos. Debemos intensificar os nosos esforzos"
 
UNICEF traballa con aliados para identificar e tratar a desnutrición infantil. A resposta humanitaria de UNICEF inclúe tamén atención sanitaria, inmunización, educación e apoio psicolóxico aos nenos afectados pola violencia. 
 
A principios de 2016, UNICEF fixo un chamamento por valor de 55,5 millóns de dólares destinados a responder á crise humanitaria no nordés de Nixeria, pero até a data só se recibiron 23 millóns, o 41%.