Crise en Siria: 96 nenos morren en Alepo en menos dunha semana
A crise en Siria vólvenos a deixar cifras arrepiantes. Desde o pasado venres, 96 nenos morreron e 223 resultaron feridos o leste de Alepo.
"Os nenos en
Alepo viven atrapados nun verdadeiro pesadelo", afirma o
director executivo adxunto de UNICEF Justin Forsyth. "Non hai
palabras para describir o sufrimento que están a
vivir".
O sistema
sanitario no leste de Alepo estase
desmoronando. Só quedan 30 médicos e apenas haiequipamento ou medicamentos para
tratar aos feridos. Ademais, o número de casos contrauma non deixa de crecer.
Un médico sobre
o terreo contábanos que os nenos con poucas posibilidades desobrevivir son a miúdo abandonados para deixarlles
morrer debido á falta de capacidades e
subministracións.
"Nada pode justificar semellantes
agresións aos nenos, e este total desprezo pola vida
humana. O sufrimento, e aconmoción nos nenos, é sen dúbida o peor que
vimos".