Crise en Siria: axudamos ás familias afectadas pola ofensiva en Alepo

A recente ofensiva militar en Alepo, Siria, está a levar a nenos e familias ao límite. Nos últimos días, 25.000 persoas, entre as que se atopan 12.000 nenos, víronse obrigadas a saír das súas casas dun barrio do oeste da cidade.

 

Non é a primeira vez que as familias teñen que fuxir dos seus fogares nesta zona de Alepo. Moitas delas xa vivían enrefuxios temporais dentro de edificios en ruínas.
 
Alí, os nosos compañeiros de UNICEF en Siria, xunto con outras organizacións, axudábanos a conseguir auga potable, alimentos, atención sanitaria e educación para que puidesen vivir nun ambiente de certa normalidade.
 
Pero os novos ataques obrigáronlles a fuxir outra vez cara aparques, mesquitas ou a calquera lugar no que poidan sentirse seguros. Desde UNICEF xa puxemos en marcha adistribución de auga potable en camións cisterna, unha das primeiras necesidades das familias nestes momentos.
 

CRISe EN SIRIA: 300.000 PERSOAS NECESITAN AxUDA URxENTE No LESTE DE ALEPO

Mentres a poboación dooeste de Alepo tenta porse a salvo, oleste da cidade está completamente illado e a súapoboación atrapada. Desde xullo, osenfrontamentos impediron que a axuda humanitaria chegue a esta zona. 
 
Calcúlase que 300.000 persoas, entre as que se atopan 120.000 nenos, necesitan alimentos, auga potablee servizos sanitarios de forma urxente. Desde UNICEF pedimos ás partes en conflito que nos deixen chegar aos nenos deste lugar.
 

CRISe EN SIRIA: o SISTEMA SANITARIO ESTÁ esnaquizado

O sistema sanitario da cidade está esnaquizado. Nunha semana chegáronse a producir 4 ataques a hospitais. Unha vez máis, a situación é especialmente complicada no leste, onde, segundo Kieran Dwyer, director de comunicación de UNICEF Siria, en declaracións ao centro de prensa de Nacións Unidas, só quedan30 médicos para atender a 300.000 persoas.
 
Por outra banda, o director rexional de UNICEF para Oriente Medio e Norte de África, Saad Houry, manifestou a súa preocupación pola seguridade e o benestar de todos os nenos afectados pola escalada de violencia na cidade.
 
"A intensificación do conflito terá consecuencias nefastas para eles durante os próximos anos. Desde UNICEF instamos as partes enfrontadas enSiria a que cumpran as súas obrigacións legais e protexan aos nenos e a todos oscivís", indicou.