Crise en Siria: desnutrición grave en Madaya
Utilizar a fame e o asedio como arma é un crime de guerra. Isto debe parar. Os nenos de Madaya necesitan ter acceso inmediato e permanente a alimentos, provisións para o inverno e apoio médico .
Nosa representante en Siria, Hanna Singer, fixo a seguinte declaración sobre a situación dos nenos tras entrar en Madaya:
"UNICEF celebra que esta semana se permitiu o acceso aos nenos atrapados na cidade asediada de Madaya. Durante a nosa participación este xoves na segunda misión humanitaria conxunta de Nacións Unidas, a Media Lúa Vermella Árabe Siria (SARC, polas súas siglas en inglés) e o Comité Internacional da Cruz Vermella (CICR), puidemos confirmar casos de nenos con desnutrición grave.
O equipo de UNICEF sentiu especialmente entristecido e impresionado ao ser testemuña da morte de Ali, un mozo de 16 anos gravemente desnutrido que morreu ante os nosos ollos na clínica da cidade.
Crise de Siria: servizos de saúde desbordados
No hospital provisional que visitou UNICEF había só dous médicos e dous profesionais sanitarios, que están desbordados. O equipo de UNICEF e o persoal da Organización Mundial da Saúde (OMS) puido avaliar o estado nutricional de 25 nenos menores de cinco anos, mediante a medición do contorno do seu antebrazo; 22 deles mostraban signos de desnutrición de moderada a grave. Todos eles están xa recibindo tratamento na instalación sanitaria grazas ás subministracións médicas e nutricionais especiais distribuídos o luns por Nacións Unidas e o CICR.
O equipo examinou a outro dez nenos de entre 6 e 18 anos, dos que seis mostraban signos de desnutrición grave. Un mozo de 17 anos, cuxa vida corre perigo, necesita desesperadamente ser evacuado, igual que unha muller embarazada de nove meses con parto obstruido.
Aínda que os resultados desta misión non constitúen unha mostra representativa e aínda non podemos extraer conclusións sobre a situación nutricional xeneral, si reflicten en tempo real a situación que se vive en Madaya. Os equipos de Nacións Unidas e a SARC planean continuar a avaliación o domingo para realizar un seguimento máis amplo.
Crise de Siria: "a xente está exhausta e é extremedamente fráxil"
A xente que nos atopamos en Madaya está exhausta e é extremadamente fráxil. Os médicos están tensos emocionalmente e esgotados mentalmente. Traballan a contrarreloxo con recursos moi limitados para proporcionar tratamento aos nenos e pacientes que o necesitan. É simplemente inaceptable que isto estea a ocorrer no século XXI.
Os equipos de UNICEF e a OMS traballaron co equipo médico para establecer un centro de estabilización e servizos terapéuticos ambulatorios para o tratamento da desnutrición. Os traballadores sanitarios recibiron asesoramento para poder tratar os casos de desnutrición aguda grave.
Crise de Siria: Hai outras 14 "Madayas"
Aínda que estamos impresionados pola situación en Madaya, non debemos esquecer que en Siria hai outras 14 "Madayas". Son zonas nas que diferentes partes en conflito están a utilizar o asedio como unha táctica de guerra, privando aos nenos e civís inocentes do acceso a servizos e subministracións vitais.
O xoves UNICEF, como parte do convoi conxunto con Nacións Unidas, a SARC e o CICR, puido enviar 10 camións con subministracións para outras dúas áreas asediadas, Foah e Kafraya, que beneficiarán a uns 6.000 nenos atrapados nesas zonas.
UNICEF reitera o chamamento ás partes en conflito para que levanten o asedio ás comunidades en Siria e proporcionen un acceso humanitario ilimitado, incondicional e continuado, que permita aos equipos avaliar as necesidades sanitarias e nutricionais, proporcionar atención médica e nutricional, e evacuar ás mulleres e nenos en estado crítico".
Se podes, axuda aos nenos de Siria.