Crise en Siria: a falta de alimentos ameaza a 20.000 nenos en Madaya

O asedio da guerra en Siria está a levar a moitas poboacións a límites extremos. É o caso de Madaya, onde a vida de 20.000 nenos corre grave perigo debido á falta de alimentos.

Madaya está cercada desde fai seis meses e a axuda humanitarianon chega á poboación. Con todo, a situación deu un xiro esperanzador xa que o xoves pasado o goberno sirio acordou permitir o acceso á cidade. 
 
En UNICEF puxémonos ao choio para que os tratamentos contra a desnutrición poidan chegar aos nenos de Madaya. Os nosos compañeiros do almacén de subministracións de Damasco traballaron moi duro nas últimas horas e a axuda xa está a chegar a esta localidade, que se atopa ao noroeste dacapital siria.

SIRIA: 400.000 PERSOAS VIVEN EN COMUNIDADES ASEDIADAS POLA GUERRA

Hai uns anos, ningún sirio imaxinábase que a fame se convertería nunha gran ameaza para as súas vidas. Hoxe, unha guerra enquistada debuxa un panorama desolador no que millóns de persoas de enfrontan cada día non só á falta de alimentos, senón tamén aos constantesbombardeos que están a acabar con gran parte dainfraestrutura e os servizos do país
 
Máis de 4,5 millóns de persoas viven en zonas nas que a axuda humanitaria chega con moita dificultade. A situación é especialmente grave para as400.000 persoas que viven en comunidades asediadaspolos enfrontamentos. Cidades e pobos dos que non sae nin entra nada nin ninguén. 

CRISe EN SIRIA: o INVERNO COMPLICA A SITUACIÓN

As próximas semanas de duro inverno non fan senón complicar as cousas. As baixas temperaturas pon en perigo a saúde de millóns de sirios que xa non poden ir ao médico e que a duras penas conseguen abrigarse. 
 
Desde UNICEF estamos a traballar en todo o país para levar axuda a 1 millón de nenos sirios durante este inverno. Até agora, 95.000 nenos xa recibiron mantas e roupa de abrigo. Ademais, instalamos 2.000 calefactores en aulas escolaresque permitirán que 80.000 nenos poidan seguir estudando.
 
Sen a colaboración de persoas como ti, o noso traballo en Siria non sería posible. A guerra está preto de cumprir 5 anos e seguímosche necesitando. Por favor, doa para axudar aos nenos de siria.