Crise en Siria: tras case 5 anos de conflito, UNICEF segue axudando aos nenos
A pesar de que non sempre temos noticias do impacto dun conflito como o de Siria na infancia, merece a pena pararse a pensar niso poñéndonos no lugar dos nenos sirios que, cada día, viven as consecuencias dun dos conflitos máis brutais que o mundo viu nas últimas décadas.
Tras case 5 anos do
comezo da crise, os efectos están a ser devastadores para
a poboación. Máis de 13,5 millóns de persoasnecesitan protección e axuda humanitaria para
sobrevivir.
Os danos nasinfraestruturas e servizos son innumerables. En
todo o país, máis da metade dos hospitais públicossó funcionan parcialmente ou están fóra de servizo por completo; o70% da poboación carece de acceso a auga
potable e 8,7 millóns de persoas non
poden satisfacer as súas necesidades básicas de
alimentación.
Ademais, 2 millóns de
nenos en Siria tiveron que deixar a escola. Isto supón que
perden un espazo importante para aprender, xogar, crecer e estar
con outros nenos. A crúa realidade desta situación verase cos anos,
cando as carencias en educación e proteccióndeixen a toda unha xeración en desvantaxe para afrontar un futuro
para eles e para o seu país. Este é o alto prezo que se pagará pola
guerra na que está inmersa Siria desde hai
anos.
SIRIA: AS FAMILIAS ENFRéNTANse Ao INVERNO SeN RECURSOS
Como cada ano por estas datas,
desde UNICEF estamos a alertar sobre a dura situación á que se
enfrontan as familias sirias no inverno. Osrecursos económicos de moitas delas esgotáronse e,
por tanto, resúltalles practicamente imposible comprarelementos básicos para o frío, como abrigos e
bufandas.
Para afrontar as temperaturas
baixo cero tamén hai que acondicionar osalbergues, as casas, astendas, as escolas... E, con
todo, o aumento do prezo do combustible fai que iso sexa imposible
para as familias, poñendo en risco a máis de 8 millóns de
nenos sirios.
En UNICEF seguimos actuando para
reverter esta situación e para que os nenos teñan acceso aos
servizos básicos. Agora estamos a responder especialmente ásnecesidades a causa do inverno con accións
como:
- Distribuír roupa de inverno e mantas aos case 2,6 millóns de nenos que viven dentro de Siria e na rexión. A maioría destes materiais foron adquiridos dentro de Siria para incentivar a economía local e mellorar os medios de vida de moitos traballadores, ademais de dar resposta ás necesidades dos nenos.
- Equipar 2.000 aulas con estufas, tanques de auga, combustible e illamento térmico.
- Facilitar bonos a máis de20.000 familias para que poidan intercambialos por roupa e outros bens no mercado local e así cubrir asnecesidades das súas familias.
A CRISe EN SIRIA, UNhA DAS PRINCIPAiS CAUSAS DA CRISe DE REFUxIADOS EN EUROPA
Pero non só estamos a actuar enSiria e nos países veciños. EnEuropa, ante a gran chegada de refuxiados e migrantes (máis de 876.000 persoas entraron neste ano, das cales o 52% proceden de Siria), están a tomarse medidas similares.
Estas persoas chegan aEuropa despois dun longo e duro camiño. A súasaúde física e psicolóxica está moi debilitada
polo que necesitan atención urxente. Por iso, desde UNICEF tamén
estamos a responder a esta situación en países como a ex
República Iugoslava de Macedonia, Serbia ouCroacia.
Alí, os nosos espazos amigos da
infancia, que ata agora acolleron a máis de 12.000
nenos, xa están preparados para o inverno conestufas e mantas. Desta forma,
estes centros poderán continuar o seu labor de
protección para os nenos nos fríos meses de
inverno.
Tamén estamos a distribuírroupa de abrigo, calzado e mantaspara que poidan afrontar as baixas temperaturas.
Case 5 anos de
bombardeos, de fuxidas, de frío, de escaseza de auga, sen
colexio e sen servizos básicos fan que o futuro de millóns
de nenos sirios estea ensombrecido polas experiencias que
viviron.
Case 5 anos despois do
inicio do conflito en UNICEF seguimos comprometidos para
atendelos e protexelos. Agora máis que nunca non podemosabandonar a estes nenos, porque se non serán eles
os que abandonen a esperanza.