Crise en Sirya: condenamos os ataques contra civís en Alepo

"UNICEF condena enerxicamente, os ataques con morteiro que tiveron lugar o pasado martes en zonas civís de Alepo, nos que morreron polo menos 19 nenos, incluíndo seis nun espazo amigo da infancia apoiado por UNICEF.

Os espazos amigos da infancia permiten aos nenos xogar e volver conectar coa súa infancia e esquecer, aínda que sexa por un breve período de tempo, os horrores da guerra. Nunca deberían converterse en obxectivo.
 
Este reprobable ataque mostra que mesmo o simple acto de xogar é perigoso en Sirya.
 
Nas últimas semanas reportáronse varios ataques indiscriminados que causaron a morte e lesións a decenas de nenos.
 
Estes ataques pon de manifesto un flagrante desprezo polas leis da guerra. Son un claro recordatorio de que ningún lugar en Sirya é seguro para os nenos.
 
UNICEF fai un chamamento a todas as partes en conflito en Sirya para deter inmediatamente este tipo de ataques e facer todo o posible para protexer tanto á poboación civil como infraestruturas civís comoescolas, centros de saúde ou instalacións de auga, de conformidade co Dereito internacional humanitario. Todos os civís, incluídos os nenos deben ser protexidos en todo momento".
 
Declaración de Hanaa Singer, representante de UNICEF en Sirya.