Crise en Sirya: a escaseza de auga agrava a miseria de millóns de persoas

A guerra en Sirya encístase e unha onda de calor afoga este país. Neste grave contexto, as partes en conflito están a utilizar a auga para alcanzar os seus obxectivos políticos e militares.

 

Nos últimos meses, 5 millóns de persoas en Sirya sufriron as consecuencias de cortes prolongados na subministración de auga. De xeito frecuente, estas interrupcións realízanse deliberadamente.

Por exemplo, en Alepo, onde os enfrontamentos deixaron inutilizado o principal depósito de auga durante meses, identificamos polo menos18 cortes deliberados na subministración soa este ano. Ademais, nalgunhas comunidades as billas permaneceron17 días sen funcionar.

Sen auga na casa, os nenos son os encargados de conseguila enchendo bidóns coa auga dos canos da rúa e outros puntos de subministración. Un dos nosos compañeiros en Sirya cóntanos a historia dunha nena que estivo a facer cola durante horas para encher dous pequenos colectores para ao final decatarse para ela de que pesaban demasiado. "A nena rompeu a chorar", recorda.

"A auga potable é tanto unha necesidade básica como un dereito fundamental, en Sirya e en calquera lugar," dixo Peter Salama, director rexional de UNICEF en Oriente Medio e África do Norte. "Ne
gar á poboación civil o acceso á auga supón unhaviolación flagrante do dereito humanitario que debe deterse.

CRISe EN SIRyA: A BuScA DE AugA, UNhA TAREfA MORTAL

Os civís, ao non saber onde se producirá o próximo ataque ou lume cruzado, corren grave perigo na tarefa de busca de auga, que pode chegar a ser mortal. Nas últimas semanas, polo menos 3 nenos morreron eAlepo mentres ían buscar auga.

Os cortes de auga tamén teñen outras consecuencias. En grandes cidades comoDamasco, Dera'a e Alepo as familias teñen que recorrer á auga sucia do subsolo para dar de beber os seus fillos, expoñendo os nenos a diarreas, febres tifoides, hepatite e outras enfermidades. Osprezos da auga, que en lugares como Alepo seincrementaron un 3.0
00%fan que sexa imposible comprar o prezado líquido.

crise en sirya: algunhas zonas só teñen electricidade 1 hora ao día

A continua violencia e os fortes enfrontamentos causaron graves danos aos canos e os técnicos municipais moitas veces non poden acometer as reparacións necesarias. Os cortes eléctricos, tamén frecuentes, dificultan o bombeo de auga á poboación civil. Algunhas zonas só contan con 1 hora de electricidade ao día e rexistráronse cortes de ata 4 días.

Dende UNICEF apelamos ás partes en conflito a que tomen medidas urxentes para evitar máis sufrimento á poboación civil en Sirya entre as que propoñemos:

  • Deter os cortes de auga e todas as accións que interrompan a subministración pública de auga, en concordancia co dereito internacional humanitario.
  • Deter todo ataque contra as instalacións de auga, plantas de tratamento, canos e infraestrutura.
  • Protexer a seguridade dos técnicos e persoal que reparan as instalacións de subministración de auga.
  • Absterse de atacar a poboación civil en canalizacións de auga e outros puntos de recollida.