Crise en Ucraína: nenos mortos e mutilados por minas terrestres e municións sen explotar

Polo menos 42 nenos morreron e 109 resultaron feridos durante o último ano a causa das minas terrestres e as municións sen explotar nas rexións de Donetsk e Luhansk, no leste de Ucraína, segundo cifras do Goberno de Kiev.

 

 
Non obstante, o número de nenos mortos e mutilados por esta razón podería ser "bastante máis elevado" se se inclúen as zonas non controladas polo Goberno, advertiu a directora de UNICEF para Europa Central e do Leste e Comunidade de Estados Independentes, Marie-Pierre Poirier, que acaba de visitar as rexións orientais de Ucraína. "Afalta de acceso a estas zonas é un verdadeiroreto para os axentes humanitariossobre o terreo", agregou.

Despois de 1 ano de conflito, moitas comunidades do leste de Ucraína sufriron niveis extremos deviolencia, en particular debido ao uso dearmas pesadas, cuxas pegadas quedaron nascidades e pobos devastados.

O Servizo de Emerxencias do Estado de Ucraína está a limpar de minas e munición sen explotar as zonas controladas polo Goberno nasprovincias de Donetsk e Luhansk. Ata o moment
o localizáronse e eliminado máis de 33.717 artefactos explosivos. Non obstante, as familias desprazadas que regresan ás comunidades que antes estaban en conflito seguen en risco, debido aos materiais altamente perigosos que non se eliminaron aínda.

Os nenos corren especial perigode sufrir os efectos de artefactos explosivos sen detonar e de minas terrestres, xa que adoitan ter cores rechamantes e son o suficientemente pequenos como para collelos ou xogar con eles. Os nenos poden sentirse atraídos por eles e confundilos conxoguetes ou obxectos de valor, o que pode rematar nunha traxedia.
 

MINAS ANTIPERSOA: CAMPAÑA DE EDUCACIÓN

UNICEF e os seus aliados lanzaron unha campaña de educaciónsobre o risco das minas e explosivos nas zonas afectadas pola crise de Ucraína. O obxectivo é proporcionar información vital a500.000 nenos e as súasfamilias.

A campaña inclúe mensaxes en formato audiovisual, imprimido e dixital, así como a formación a 100 profesores e psicólogos escolares sobre sensibilización acerca do risco das minas antipersoa.

Polo menos 5 millóns de persoas en Ucraína están afectadas pola crise, incluíndo 1,7 millóns de nenos, mentres que máis de 1,1 millóns de persoas quedaron desprazadas internamente debido á violencia.

UNICEF 
fai un chamamento por valor de 55,8 millóns de dólares (uns 52 millóns de euros) para responder ásnecesidades humanitarias urxentes dosnenos e as súas familias. Ti podesaxudarnos a través do noso fondo de emerxencias.