Crise migratoria: 4,5 millóns de nenos no mundo tiveron que fuxir das súas casas
O noso mundo vive estes días a maior crise migratoria e de refuxiados desde a II Guerra Mundial. Unha situación que afecta especialmente aos nenos.
Dende UNICEF calculamos que polo
menos 4,5 millóns de nenos tiveron que fuxir das
súas casas debido aos conflitos e a inestabilidade que viven os
seus países de orixe como Sirya, Sudán do Sur,Afganistán, ou Somalia.
"As desgarradoras imaxes
contribuíron a levar a atención dos cidadáns ao destino dos nenos
atrapados na crise europea de
refuxiados, pero o asunto vai máis aló das
fronteiras de Europa", dixo Afshan Khan, director de programas de
emerxencia de UNICEF.
CRISe MIGRATORIA: 500.000 PERSOAS CRUZArOn o MEDITERRÁNEO
No que levamos de 2015, máis de 500.000 persoas emprenderon unha dura viaxe polo Mediterráneo cara a Europa; 1 de cada 5delas é un neno. Pero Europa é só unha pequena parte da situación. Millóns de persoas no mundo buscan lugares máis seguros nos que vivir:
- En Sirya, tras máis de 4 anos de conflito, 4 millóns de persoasvíronse obrigadas a protexerse en campos de refuxiados, aloxamentos improvisados e comunidades de acollida que se atopan desbordadas enXordania, Iraq, Líbano eTurquía.
- En Sudán do Sur, 760.000 persoas, dous terzos delas nenos fuxiron desde que estalou o conflito endecembro de 2013.
- Afganistán ocupa o segundo lugar en procedencia de refuxiados. Máis de 2,6 millóns de persoas deixaron este país.
- En Somalia o conflito, a inestabilidade e a fame negra empuxaron a preto de1 millón de persoas a saír do país. A metade deles son nenos.
A vida dos nenos dos
países en conflito corre perigo constantemente. Ossecuestros, a mutilación, orecrutamento ou a morte sobrevoan
a súa día a día.
Ademais, a súa viaxe cara a un
lugar máis seguro está infestado de novos perigos. Tanto se foxen
por mar como por estrada, a miúdo caen nas redes de
traficantes, e sempre levan ás súas costas o peso físico e
psicolóxico da guerra, odesprazamento e aviolencia.
CRISe MIGRATORIA: o NosO TRABAllO COS NenOS AFECTADOS POLA VIOLENCIA
Os millóns de nenos afectados pola migración e osdesprazamentos forzosos necesitan axuda. En UNICEF mantemos o noso compromiso de apoialos na súa procura dunmellor futuro tanto nos seus países de orixe como fóra deles. Algúns dos exemplos do noso traballo son:
- En Sirya estamos a contribuír a proporcionar servizos de auga e saneamento, manter aos nenos na escola e levar a cabo campañas de vacinación.
- Na ruta cara aEuropa, establecemos espazos amigos da infancia e continuamos traballando cos países de acollidapara priorizar o interese superior do neno.
- Nos países en desenvolvemento non afectados por un conflito, apoiamos programas para abordar as causas subxacentes da pobreza e a falta de oportunidades.