Crise migratoria: “A conmoción debe estar acompañada pola acción”

Declaración do director executivo de UNICEFAnthony Lake, sobre a crise de emigrantes e refuxiados en Europa

"Imaxes desalentadoras de cadáveres de nenos nas costas de Europa... asfixiados na parte de atrás de camións que cruzan as fronteiras...os seus pais desesperad
os atravesando con eles aramadas.

 
A medida que a crise dos emigrantes e refuxiadosse intensifica en Europa, estas imaxes escandalosas non serán as últimas que impacten ao mundo nas redes sociais, nas nosas pantallas de televisión e na portada dos nosos xornais.

Pero non é suficiente que o mundo se conmocionecon estas imaxes. A conmoción debe estar acompañada polaacción.

Porque a situación na que se encontran estes nenosnon é nin pola súa elección nin está baixo o seu control.Necesitan protección. Teñen dereito á protección.

Urximos que se adopten as seguintesmedidas:
 
  1. Protexer estes nenos e nenas a través da prestación de servizos esenciais en todo momento-incluíndo atención médica, alimentos, apoio emocional e educación- e un refuxio adecuado para que os emigrantes e refuxiados poidan vivir en familia.
  2. Despregar un número axeitado de expertos en benestar infantil capacitados para apoiar os nenos e as súas familias.
  3. Continuar as operacións de busca e rescate -non só no mar, senón tamén en terra, xa que as familias se moven entre países - e poñer todas as medidas para previr o abuso e a explotación dos nenos emigrantes e refuxiados.
  4. Poñer o interese superior do neno en primeiro lugar en todas as decisións que se tomen con respecto a estes nenos -incluíndo os casos de asilo.

CRISe MIGRATORIA: os NosOS CORAZóNS ESTÁN COAS FAMILIAS

Os nosos corazóns están hoxe coas familias que perderon aos seus fillos nas costas, nas beiras, e ao longo dos camiños de Europa. A medida que os debates sobre políticas teñen lugar, nunca debemos perder de vista o carácter profundamente humano desta crise. Nin dos nenos. Nin da súa escala.

Polo menos un cuarto dos que buscan asilo en Europa son nenos. Durante os primeiros seis meses deste ano, máis de 106.000 nenos reclamaron asilo en Europa.

E nunca debemos esquecer o que hai detrás de moitas dashistorias das familias que buscan refuxio en Europa: conflitos terribles como o deSirya, que xa obrigou uns dous millóns de nenos a fuxir do seu país. Só o final destes conflitos poderá poñer fin á miseria de tantas persoas".