Crise migratoria: as escenas de violencia en Hungría deben acabar

Estamos preocupados polas imaxes de violencia na fronteira de Hungría que estamos a ver nesta crise migratoria e de refuxiados. As escenas de nenos atrapados no medio dos disturbios, non deberían repetirse nunca.

 

Dende UNICEF pedimos a Hungría que teña en conta sempre o interese superior dos nenos refuxiados e migrantes en todas as decisións relacionadas coa xestión desta crise. 
 
Estes nenos xa pasaron porsituacións horribles nos seus países de orixe e durante a viaxe, polo que merecen ser tratados con dignidade e deben recibir toda a atención, protección ecomprensión que necesitan.
 
Estamos en permanente contacto coRepresentante Permanente de Hungría ante a ONU en Nova York, para traballar a protección dos nenos refuxiados e migrantes segundo o compromiso deste país coa Convención sobre os Dereitos do Neno, onde se establece que estes nenos teñen querecibir un apoio especial.
 
Neste contexto, e ante a posibilidade de que unha nova lei en Hungríapermita a detención, persecución eseparación de nenos e pais que chegan ao país, desde UNICEF ofrecemos apoio ao goberno entre o que se atopa:
  • Apoio psicolóxico aos nenos nos centros de recepción e noutras zonas onde se agrupan as familias.
  • Apoio na identificación de nenos separados e non acompañados, así como na reunificación de familias.
  • Apoio técnico e orientación parafortalecer os sistemas que poidandeterminar o interese superior dos nenos que se están movendo polo país.

Tamén pedimos a todos os estados membros da UE que reaccionen urxentemente para protexer e asistir aos nenos refuxiados e migrantes. Ningún país pode cargar coa responsabilidade el só.