Crise migratoria: o número de mulleres e nenos que chega a Macedonia e Serbia non para de crecer
A cifra de mulleres e nenos que atravesan a antiga República Iugoslava de Macedonia (ex RYM) e Serbia en busca de refuxio en Europa segue aumentando.
Tan só durante a primeira semana de setembro preto de 10.000 persoas, das que unhas 4.000 son mulleres e nenos, rexistráronse en Gevgelija (ex RYM), mentres que en Presevo (Serbia) o fixeron máis de 7.720 persoas. Dende xuño, ambos os dous países suman uns 153.000 rexistros.
Non obstante, estes números poderían ser moito maiores, xa que a
maioría das familias segue a súa viaxe sen rexistrarse
oficialmente. Continúan a súa travesía en autobús cara ao
norte para chegar á capital, Belgrado, proseguir
ata Hungría e finalmente chegar aos países dooeste ou do norte de Europa.
Moitos destes refuxiados foxen da violencia enSirya, Afganistáne Iraq.
CRISe MIGRATORIA: o TRABAllO DE UNICEF
Xunto aos nosos aliados, estamos a ampliar aresposta humanitaria noscentros de recepción da ex
RYM e Serbia.
En Gevgelija abordamos rapidamente as necesidades inmediatas das mulleres e nenos, proporcionándolles auga e alimentos, así comoxoguetes.
Tamén establecemos varios espazos amigos da infancia, onde máis de 50 nenos á vez poden xogar e recibir apoio psicosocial, e asmulleres descansar e coidar os seus bebés. Estanse a instalar tres bidóns pregables con capacidade para almacenar 10.000 litros de auga potable e para o aseo.
No lado serbio da fronteira, en Presevo, levantamos tamén un espazo amigo da infancia con materiais educativos e xoguetes. Os seus pais recibirán pronto asesoramento básico relacionado con nutrición e saúde infantil, hixiene e temas de seguridade.
Ademais, abriremos máis espazos en Belgradoe Kanjiza, preto da fronteira con Hungría, pararefuxiados e emigrantes que se moven a través de Serbia.
En Serbia estivemos a apoiar as autoridades sanitarias para definir unhas directrices sobre alimentación para bebés e nenos e elaborarinformación para nais lactantes. Se é necesario, daremos máis apoio sobre alimentación infantil, hixiene e saneamento.