Crise migratoria: que está a facer UNICEF?

Europa está a ser testemuña dunha gran crise migratoria e de refuxiados. Miles de persoas atravesan cada día o continente europeo fuxindo da violencia dos seus países de orixe, que deixaron de ser un lugar seguro fai moito tempo.

 

Entre os recentemente chegados a Europa, calcúlase que o 40% son mulleres e nenos, que emprenderon o que probablemente sexa a viaxe máis dura da súa vida. As feridas e o cansazo son os seus únicos compañeiros no traxecto; o medo, a principal razón que lles empuxa a emprendelo.
 
En UNICEF estamos moi preocupados por esta situación, protexer os dereitos dos nenos en todo momento debe ser unha prioridade. Por iso, estamos a traballar tanto nospaíses de tránsito como de orixepara paliar os estragos desta crise.
 
Nos países europeos, a nosa resposta está a centrarse por unha banda, en apoiar ás persoas refuxiadas e migrantes alí onde os fluxos son maiores; por outro, en traballar cosgobernos destes países para que protexan os dereitos dos nenos en todo momento. Algúns exemplos do noso labor son:
 
  1. Creación de espazos amigos da infancia nos que se atende aos nenos que van chegando na antiga República Iugoslava de Macedonia, Serbia eCroacia
  2. Envío de depósitos de auga con capacidade para 30.000 litrosque permite o acceso a auga potable para as persoas refuxiadas e migrantes.
  3. Traballo con gobernos de países como Hungría, onde os nenos están a ser vítimas deviolentas escenas na fronteira, para garantir a protección dosnenos refuxiados e migrantes en todo momento. 

CRISE EN SIRYA: O TRABALLO DE UNICEF DENDE O INICIO DO CONFLITO

Con todo, o noso traballo non se reduce á crise migratoria en Europa. En crise como a de Sirya, de onde proceden o80% das persoas que están a chegar a Europa, estamos a traballar desde o inicio do conflito, fai xa máis de 4 anos
 
Agora mesmo, estamos inmersos nunha campaña de volta ao cole coa que pretendemos que os nenos nas zonas máis afectadas pola guerra poidan continuar cos seus estudos. Pero a nosa resposta en Sirya e os países veciños abarca diferentes áreas:

  1. Auga e saneamento. En 2014, proporcionamos auga e saneamento a 18,2 millóns de persoas.
  2. Educación. Aplicamos técnicas de educación non formal para estender o ensino aos nenos que non poden ir ao colexio a causa do conflito. Conseguimos que 3,7 millóns de nenos e accedan a programas de aprendizaxe ou reciban algún tipo de material educativo.
  3. Protección. Creamos lugares seguros nos que os nenos poidan desenvolver actividades lúdicas e deportivas. Tambíen proporcionamosapoio psicolóxico a máis de 1 millón de nenos para afrontar o trauma e astensións causadas polo conflito.
  4. Saúde.  O ano pasado, distribuímos vacinas contra a poliopara 22,5 millóns de nenos en Sirya e os países veciños.